Páxinas

venres, 8 de marzo de 2024

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 MARZO




Ola a todos e todas. Hoxe o cole Rosalía e a biblioteca estivo chea de cousa molonas: para festexar esta data conmemorativa do 8M "Día Internacional da Muller" visitounos unha muller excepcional: chámase Ruth Lorenzo Couso e é karateka. Ela falounos de cómo é ser muller no mundo do kárate, un ámbito tradicionalmente considerado como masculino. Ensinounos vídeos dos seus adestramentos e combates, materiais e roupa que utiliza e lembrounos o importante que é o traballo constante, o esforzo e a perseverancia e constancia para acadar calquer soño.










Dende o Concello adiatáronse á celebración ofrecendonos un contacontos teatralizado para amosarnos a figura da nosa muller máis importante: Rosalía de Castro. Próximamente realizaremos tamén unha actividade para a etapa de educación infantil, sobre outra importante dona: Marie Curie.






Dende os equipos de Dinamización e biblioteca propuxemos traballar a presenza das mulleres no deporte, investigando diferentes deportistas e amosando a súa traxectoria nuns cubos informativos. A biblioteca expuxo fondos adicados a esta temática, e outros para traballar a igualdade, ademáis de ofertar distintos materiais para traballo nas titorías











Relacionando esta festividade co noso proyecto, demos de conta que as novelas de Julio Verne case todas están protagonizadas por homes por isto decidimos, partindo da historia "Da terra a lúa" investigarmos sobre a relación das mulleres e a carreira espacial, coñecendo donas relevantes neste senso.


Tamén na área de inglés conmemoramos esta data: INTERNATIONAL WOMAN´S DAY




Rematemos bailando un pouquiño!!! Deixamos por aquí tamén unha canción moi representativa desta data.




venres, 23 de febreiro de 2024

 POLOS CREATIVOS

O alumnado de sexto de educación primaria e de sexto de infantil traballan co material enviado pola Conselleria, incluído na formación e programa "POLOS CREATIVOS".

Este é un primeiro achegamento, agardando o envío de novos materiais e propostas.

O alumnado de infantil usou os materiais para a construcción de cohetes, relacionando este traballo de xeito globalizado co proxecto anual de Julio Verne e neste caso a súa novela "Da terra a lúa".













O alumnado de sexto de primaria, para conmemorar  o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA" coñeceu a 12 famosas astrónomas e astrofísicas, construíndo uns flexicubos nos que se pode ver o rostro de cada unha destas mulleres en cada cara do flexicubo.