Páxinas

xoves, 29 de outubro de 2015

Samaín na biblio

Hoxe os alumnos de 5º e 1º de Primaria pasámolo xenial na biblio.
Os nenos e nenas de 1º curso cantamos e bailamos a canción "Los Esqueletos". Pinchade no seguinte vídeo se queredes ver o ben que o fixemos.


Ademais, o alumnado de 5º curso cantamos e movémonos ao ritmo da "Monster Mash". Aquí vos deixamos o noso vídeo.


Aquí tedes a foto dos artistas!


mércores, 28 de outubro de 2015

It's Halloween!

Xa chegou o Samaín á nosa biblioteca. Non vos perdades a nosa momia e tede coidado cos morcegos e pantasmas, están por todas partes. QUE MEDO!


























Visita do IES Macías o Namorado

Pincha aquí para acceder á páxina do IES
Hoxe viñeron vernos alumnado e profesorado do IES Macías o Namorado. Contáronnos moitas cousas sobre o instituto e dixéronnos que teremos que traballar duro. Tamén nos tranquilizaron e déronnos ánimos para esta nova etapa que nos espera chea de novos amigos e experiencias inolvidables.

IES Macías o Namorado, vémonos axiña!




...

venres, 23 de outubro de 2015

Recuncho de África

Xa temos operativo o noso recuncho de África. Vide descubrir cousas incribles deste gran continente con vídeos e libros.

mércores, 21 de outubro de 2015

Siria foi de viaxe

Ola nenas e nenos!

Son Siria e gustaríame contarvos como me foron estas vacacións. Non volo ides crer… ESTIVEN EN ÁFRICA! Sabedes onde está?


Pincha sobre a carta para seguir lendo.



BENVID@S!


Benvidos ao blogue da nosa biblioteca!

Este é un lugar para compartir as experiencias e vivencias da nosa biblioteca.

LENDO, LENDO, LENDO… O MUNDO VOU COÑECENDO.