Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 27 de novembro de 2015

A biblio está de loito

Morre o escritor Xosé Neira Vilas, autor de «Memorias dun neno labrego»

O autor faleceu aos 87 anos na súa casa de Gres, Vila de Cruces.
Neira Vilas, que foi narrador, ensaísta, periodista e poeta, seguía en activo e recibiu numerosas homenaxes nos últimos meses.
No mes de xullo Memorias dun neno labrego, publicado orixinalmente en 1961 levaba vendidos 600.000 exemplares. As súas primeiras verbas pasarán a historia: «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre»
Dende a biblioteca queremos honrar a súa obra pondo á disposición exemplares da que durante décadas foi unha lectura cotiá para os alumnos en moitas escolas galegas. Memorias dun neno labrego foi traducida ao castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso e outros idiomas.

mércores, 25 de novembro de 2015

Mes da Ciencia

Este é o mes da ciencia e dende o colexio queremos impulsar a investigación científica e valorar a importancia de figuras como Albert EinsteinStephen Hawking e Santiago Ramón y Cajal.

Vide á biblioteca a aprender máis sobre eles e levade algún libro da nosa exposición científica. Tamén temos á vosa disposición mochilas científicas!


Os nenos e nenas de 1º de Primaria visitaron biblioteca para saber aprender sobre grandes científicos feita pola mestra Lucía.

"Hoxe coñecemos cousiñas que non sabiamos  sobre algúns científicos famosos" (1º Primaria).