Páxinas
▼
A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES
▼
mércores, 15 de xuño de 2016
Nata y Chocolate
O pasado 2 de maio tivemos a visita de Alica Borrás Sanjurjo, escritora de numerosas obras de éxito entre as que se atopa "Nata y Chocolate". Foi un honor tela no colexio e compartir con ela as nosas experiencias e cavilacións sobre o libro.
Foi moi amable e paciente para contestar a todas as nosas preguntas e animounos a escribir.
Neste enlace podedes acceder a máis información sobre o libro, que está na biblioteca e ten a sinatura e dedicatoria da autora.
Moitas grazas pola visita e ata outra!
Foi moi amable e paciente para contestar a todas as nosas preguntas e animounos a escribir.
Neste enlace podedes acceder a máis información sobre o libro, que está na biblioteca e ten a sinatura e dedicatoria da autora.
Moitas grazas pola visita e ata outra!
xoves, 5 de maio de 2016
Letras Galegas 2016
Este ano o día das letras galegas dedicámosllo a Manuel María Fernández Teixeiro.
Manuel María, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e polo seu compromiso político.
Na nosa biblio xa temos á vosa disposición varios libros do autor.
mércores, 4 de maio de 2016
Día do libro 2016
O pasado luns 25 o noso cole celebrou o Día do Libro. Os grandes léronlle aos pequenos e viceversa.
Velaquí tedes unha mostra do ben que o fixemos!
domingo, 17 de abril de 2016
Entrega de premios
Este venres estivemos de celebración na biblioteca. Reunímonos para a entrega de premios do campionato escolar de brilé do presente curso. Os premiados e premiadas recolleron con grande emoción os trofeos, agradecendo o apoio do público durante o transcurso do campionato.
CONGRATS CHAMPIONS!
4º premio |
3º premio |
2º premio |
1º premio |
mércores, 16 de marzo de 2016
Voluntarios de noraboa
Os nosos voluntarios de biblioteca foron agasallados por segunda vez neste curso escolar.
Unha libreta, un diploma e un "easter egg" son pequenos detalles de agradecemento polo voso traballo e dedicación.
A biblioteca precísavos, contamos convosco!
xoves, 25 de febreiro de 2016
Día de Rosalía 2016
sábado, 6 de febreiro de 2016
Febreiro de Contacontos
Un novo mes na biblioteca do Rosalía de Castro e os nosos lectores e lectoras seguen a amenizar os recreos.
Comezamos con Nadia e Iria G. (6º A) que o pasado 3 de febreiro nos deleitaron con "Chocolata" e todo isto en pixama. :DMenudos ataques de risa!!!
Seguimos con Miguel e Mateo (6º Primaria) co seu conto "Simios". Resulta que non somos tan diferentes deses curmáns lonxanos.
Os sempre sorrintes Mateo e Miguel de 6º de Primaria volveron á infancia cun clásico, "Las vacaciones del pollito chippy".
Ángela e Daniela de 3º A fixeron de encargadas improvisadas da biblioteca e entregáronlles os merecidos diplomas.
Maruxa repite unha vez máis no contacontos, esta vez tráenos un conto en castelán: "El piojo Rastrojo".
Unha das lecturas máis agardadas foi a de Isaac (5ºA). Tróuxonos un libro que nos recorda que debemos loitar por conseguir facer realidade os nosos soños. Haberá veces que os demais non nos entendan, pero se algo nos gusta de verdade temos que facelo. Isto é o que aprendemos do conto "Oliver Button es un nena".
martes, 19 de xaneiro de 2016
Xaneiro de contacontos
As nenas e nenos do CEIP Rosalía de Castro volveron do Nadal con moitas ganas de contar contos. Aquí tedes a Sheila, de 5ºA, co conto "Mariluz Avestruz".
Agora pasamos ao conto dos 3 porquiños con 3 magníficos lectores; Nuno (5ºA), Fabián (5ºB) e David (5ºA). Os clásicos sempre triúnfan!
Laura e Marta (5ºA) repetiron experiancia como contacontos. Esta vez trouxéronnos o conto "El Rebaño".
Martín (5ºA) sorprendeunos co libro "Os sete cabritos". Os clásicos nunca defraudan e máis se se contan tan ben como o fixo Martín.
Por outra banda tivemos uns dos voluntarios de biblioteca máis entregados. Valentín e Mateo (6ºB) leron o orixinal conto "La guerra de los números".
Bruno e Lucas fixéronlles entrega dos diplomas. |