Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 26 de abril de 2019

XORNADA DO DÍA DO LIBRO

O MÉRCORES 24 DE ABRIL VIVIMOS A XORNADA DO DÍA O LIBRO NA Biblio.Rosalía.
 GRAZAS A COLABORACIÓN DA LIBRERÍA AENEA PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHA XORNADA DE ANIMACIÓN A LECTURA, CONTACONTOS, ASESORAMENTO, E ACHEGAMENTO A NOVIDADES LITERARIAS.





DURANTE TODA ESTA SEMANA O ALUMNADO, PROFESORADO E MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA  PUIDO COLLER, DE BALDE, LIBROS DADOS DE BAIXA NA NOSA BIBLIOTECA, COLOCADOS  NUNHA MESA-EXPOSITORA NO RECIBIDOR DO CENTRO.

ESTE É UN VIDEO RESUMO DO VIVIDO:


martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019

E COMO O PROMETIDO É DEBEDA, HOXE MARTES 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO TIVEMOS MOITAS SORPRESAS.

NO CORREDOR DO COLE CREAMOS UN RECUNCHO ONDE INVITAMOS A TODO O ALUMNADO A LEVAR UN LIBRO PARA A CASA,DOS DADOS DE BAIXA NA BIBLIOTECA, BAIXO O LEMA: "POLO DÍA DO LIBRO, LEVA UN CONTIGO".


NA HORA DO RECREO ORGANIZAMOS, PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, UNHA SESIÓN DE CINE CO VISIONADO DO CORTO: "LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE" E  UN TALLER DE MARCAPÁXINAS.



POSTERIORMENTE FOI O ALUMNADO DE EDUC. INFANTIL O QUE PUIDO DISFRUTAR DO VISIONADO DESTE CORTO E DA CREACIÓN DO SEU MARCAPÁXINAS.




RECORDÁMOSVOS QUE A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO AÍNDA NON REMATOU, E MAÑÁ, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PODE ACHEGARSE AO COLE E PARTICIPAR NA XORNADA DO DÍA DO LIBRO.



sábado, 13 de abril de 2019

XORNADA CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO 2019

PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO TEMOS ORGANIZADA UNHA SORPRESA NO COLE PARA A VOLTA DAS VACACIÓNS, O MARTES 23 DE ABRIL.

ADEMAIS O MÉRCORES 24 INVITAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A UNHA XORNADA DE ANIMACIÓN A LÉCTURA.


ESPERÁMOSVOS!!!

mércores, 10 de abril de 2019

CONTACONTOS NO RECREO DE COMEDOR

ESTA SEMANA, COMO FIXO MAL TEMPO, O ALUMNADO DE 1° E 2° TIVO QUE SUBIR O MARTES NO RECREO DE COMEDOR Á BIBLIOTECA

TRES ALUMNOS/AS DE 1°, DE MANEIRA IMPROVISADA, QUIXERON CONVERTERSE EN CONTADORES DE CONTOS E COLOCÁNDOSE NO RECUNCHO DAS"CONTADAS" DELEITARON AOS SEUS CONPAÑEIROS E COIDADORAS DE COMEDOR COA LECTURA DUN CONTO.

ALEGRÁMONOS DE QUE O NOSO ALUMNADO TOME EXEMPLO DAS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN A LECTURA QUE SE FAN NA BIBLIO.ROSALÍA.

domingo, 7 de abril de 2019

VISITA DE AUTOR/AUTORA: Alicia Borrás Sanjurjo

O VENRES 5 DE ABRIL RECIBIMOS NA BIBLIO.ROSALÍA UNHA VISITA MOI ESPECIAL.

DESPOIS DO RECREO, O ALUMADO DE 5° E 6° DE EDUC. PRIMARIA DISFRUTOU DA VISITA DE ALICIA BORRÁS, COA QUE  PUIDERON COMPARTIR AS SÚAS IMPRESIÓNS ACERCA DO SEU LIBRO "Nata y chocolate" (QUE LERON AO LONGO DESTA 2ª AVALIACIÓN), UNHA OBRA QUE FALA SOBRE O BULLING.

ALICIA RESPONDEU AS DÚBIDAS DOS NENOS E NENAS, COMPARTIRON OPINIÓNS E REMATOU A SÚA VISITA FIRMANDO E DEDICÁNDOLLE  AO ALUMNADO OS SEUS LIBROS.




MOITAS GRAZAS POR TODO!!!

xoves, 4 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO INFANTIL E DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O MARTES DÍA 2, APROVEITANDO O BO TEMPO, SACAMOS OS LIBROS AO PATIO NO NOSO CARRIÑO. 
 DESTA FORMA FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO INFANTIL E O DÍA MUNDIAL DO AUTISMO, XA QUE ENTRE A SELECCIÓN DE LIBROS ESCOLLEMOS UNHA CAIXA CON LIBROS SOBRE INCLUSIÓN.


SEGUIREMOS SACANDO O NOSO CARRIÑO AO PATIO SE O TEMPO NOLO PERMITE.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA


Dúas alumnas de 5° A propuxeron contarlle un conto na biblioteca ao alumnado de 5anos. Aprobeitando a hora na que eles van coa súa titora a biblioteca, contáronlle o conto do "Polo Pepé" e gustoulles moito.

Na biblio.rosalía gústanos moito que o noso alumnado teña estas iniciativas e se involucren cos compañeiros mais pequenos, facendo este tipo de intercambios lectores.

luns, 1 de abril de 2019

AXENDA CULTURAL DE ABRIL

MAÑÁ, MARTES 2 DE ABRIL, CELEBRAREMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

PARA ELO, TANTO NA BIBLIOTECA DO NOSO COLE, COMO NOUTRAS BIBLIOTECAS DA CONTORNA, ESTANSE ORGANIZANDO DIFERENTES ACTIVIDADES:

-O VENRES 5 DE ABRIL CONTACONTOS E TALLER DE COCIÑA EN PADRÓN:


-CONTACONTOS, MONICREQUES E COCIÑA NO CONCELLO DE AMES:






-CONTACONTOS,  MÚSICA E  RADIO, XOGOS, OBRADOIROS.... NA BIBLIOTECA DE SANTIAGO ÁNXEL CASAL:


A biblio.rosalia ESTARÁ PECHADA NO TEMPO DE RECREO ESTAS DÚAS SEMANAS ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, PERO DENDE O MARTES 2 DE ABRIL COMEZAREMOS A BAIXAR UNHA SELECCIÓN DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA AO PATIO, PARA DISFRUTAR DA PRIMAVERA, DO BO TEMPO E DA LECTURA NO PATIO.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO DOS LIBROS  E ANIMÁDEVOS A ASISTIR AS DIFERENTES ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DA CONTORNA.