Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

xoves, 23 de maio de 2019

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

O XOVES 16 DE MAIO CELEBRAMOS NO COLEXIO UNHA ROMERÍA FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A ROMERÍA CONSISTÍA NUNHA SERIE DE OBRADOIROS, POLOS QUE PASA O  ALUMNADO (OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES, DE CAROUTAS, DE DIFERENTES INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS A CARGO DE DIFERENTES COMPOÑENTES DA AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA "O PEDRÓN E OBRADOIRO  DE CANTERÍA A CARGO DE PEPÉ (DE CONSTRUCCIÓNS RÍOS)) E REMATOU CREANDO ENTRE TODO O ALUMNADO UN QUEBRACABEZAS DE ANTONIO FRAGUAS E DESFRUTANDO DUNHA ACTUACIÓN MUSICAL A CARGO DA AGRUPACIÓN FOLCRÓRICA "O PEDRÓN".

DEIXÁMOSVOS AQUÍ ESTE VIDEO REPRESENTATIVO DA ROMERÍA.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR TER PARTICIPADO NESTA ROMERÍA.


luns, 20 de maio de 2019

TEATRO NA BIBLIO.ROSALÍA

DURANTE A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CELEBRAMOS UNHA XORNADA DE TEATRO NA BIBLIO.ROSALÍA.
O ALUMNADO DE 5º E DE 2º DE EDUC. PRIMARIA  REPRESENTARON UNHAS OBRAS PARA O ALUMNADO DO COLEXIO.







GUSTÁRONNOS MOITO E ESPERAMOS QUE SIGAN XURDINDO ESTAS BO
NITAS INICIATIVAS.

(FELICITAR AO ALUMNADO E AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA POR PROMOVELA)

sábado, 18 de maio de 2019

VISITA DO AUTOR/AUTORA: MARK WIERSMA

O MARTES 14 DE MAIO RECIBIMOS A VISITA DE Mark Wiersma, COAUTOR DA OBRA "SIRA E O ROBOT".



FOI TODO UN ESPECTÁCULO ONDE ADEMAIS DE CONVERSAR CON MARK EN GALEGO E INGLÉS, PASÁMOLO MOI BEN COA SÚA MÚSICA.

venres, 17 de maio de 2019

CONTOS AO PATIO

COA CHEGADA DO BO TEMPO, VOLTAMOS A BAIXAR UNHA SELECCIÓN DE LIBROS AO PATIO DE RECREO.
SERÁ O ALUMNADO DE 4° E.P. O ENCARGADO DE XESTIONAR DITA TAREFA ESTES MESES DE MAIO E XUÑO.






sábado, 11 de maio de 2019

PREPARANDO A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

No CEIP Rosalía de Castro estamos preparándonos para celebrar o Día das Letras Galegas.
Dende a biblio.rosalía, preparamos unha exposición coas obras literarias sobre Antón Fraguas e os carteis enviados dende a consellería.


 Tamén creamos unha mesa con libros dos autores anteriormente homenaxeados e algúns cadros coas súas caricaturas obtidas do libro da pintora María Eiras "As nosas letras de muller a muller"


Temos preparadas mais cousiñas para festexar esta data,  que xa vos iremos mostrando.

martes, 7 de maio de 2019

VISITA DO AUTOR/AUTORA: Héctor Cajaraville

O MARTES DE 30 DE ABRIL RECIBIMOS NA BIBLIO.ROSALÍA UNHA VISITA MOI ESPECIAL.

O ALUMADO DE 5° E 6° DE EDUC. PRIMARIA RECIBIU A VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE, AUTOR DE "Kusuma" (libro que leu o noso alumnado no 2°trimestre), "Quen da a quenda?" OU "Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo" .

CON ÉL PUIDERON COMPARTIR UNHA XORNADA DO MAIS ENTRETIDA COMENTANDO AS  SÚAS IMPRESIÓNS ACERCA DO SEU LIBRO.

HÉCTOR REMATOU A SÚA VISITA FIRMANDO E DEDICÁNDOLLE  AO ALUMNADO OS SEUS LIBROS.



GRAZAS HÉCTOR!!!

domingo, 5 de maio de 2019

RETO 5: PADRÓN VIAXEIRO

Plantexamos un novo RETO para este mes de maio conmemorando o Día de Europa.


O RETO 5: PADRÓN VIAXEIRO 
consiste en indicar:
-canto se tarda
-distancia
- lugares interesantes...
 dende a vosa casa en Padrón ata outro lugar do mundo (da contorna mais cercana ou mais alonxada).
Por exemplo dende a Biblio.Rosalía ata a casa museo de Rosalía de Castro 



Ou dende o CEIP Rosalía de Castro ata a Librería Lello de Oporto (escenario da biblioteca de Harry Potter) 


Para elo tendes que cubrir a folla que se atopa no recuncho dos retos literarios.

Tendes ata o 31 do mes de maio para participar.

GRAZAS

xoves, 2 de maio de 2019

AXENDA CULTURAL MAIO

INFORMÁMOSVOS DA NOVA AXENDA CULTURAL DO NOSO CONCELLO PARA ESTE MES DE MAIO.
ANIMÁDEVOS A DESFRUTAR DELAS.