Páxinas

martes, 21 de decembro de 2021

 FIN DE TRIMESTRE


Ola ratiños e ratiñas de biblioteca:

Chegamos ao remate do primeiro trimestre despóis de facer moitas actividades e atopar finalmente a Tilín, ese trasno tan fedello enviado por Papá Noel.

A continuación deixámosvos un vídeo resumo do traballo bibliotecario e as recomendacións lectoras para estas vacacións.

Por último desexámosvos a todos e todas unhas Felices Festas e un novo Ano cheo de ledicia e boas lecturas.

BO NADAL!!!! AGARDÁMOVOS Á VOLTA CON MÁIS SORPRESAS E CURIOSIDADES!!! 💕💕💕💕









luns, 20 de decembro de 2021

 DERRADEIRA PISTA: 

 A BIBLIOTECA DO ROSALÍA



Se chegastes ata aquí, sodes uns grandes buscadores de trasnos e como tal teredes a vosa RECOMPENSA á volta do Nadal.

noraboa!!

venres, 17 de decembro de 2021

 SOLUCIÓN:        OS ASEOS




DEIXAMOS A... QUINTA E DERRADEIRA PISTA!!




Lembrade deixar a solución nos comentarios 👇

xoves, 16 de decembro de 2021

 SOLUCIÓN:    COVA DOS XOGUETES DO AREEIRO



DEIXAMOS A...CUARTA PISTA!!



Lembrade: as solucións nos comentarios 👇

mércores, 15 de decembro de 2021

 SOLUCIÓN:           COMEDOR



DEIXAMOS A... TERCEIRA PISTA!!



Lembrade deixar a solución nos comentarios

martes, 14 de decembro de 2021

SOLUCIÓN;                               CONSERXERÍA



DEIXAMOS A SEGUNDA PISTA !!!



Lembrade deixar a solución abaixo nos comentarios

luns, 13 de decembro de 2021

Ola a todos e todas, o nome elixido para o trasno é "TILÍN", así que ahí vai a...

 PRIMEIRA PISTA ELF ON THE SHELF



Si sabedes a resposta, deixádea abaixo nos comentarios indicando o voso curso.


venres, 10 de decembro de 2021

 POÑENDO NOME AO TRASNO





Xa escollestes o meu nome?

 Deixádeo debaixo nos comentarios e veremos si ese é o elixido

sábado, 4 de decembro de 2021

 THE ELF ON THE SHELF

Este Nadal, dende a biblio do Rosalía propoñemos unha actividade baseada no conto THE ELF ON THE SHELF, unha tradición destas datas, na que un trasno chega ao cole para observar aos nenos e nenas, e logo contarlle a Papá Noel o que fan.

Este trasno é un pouco rabudo, escóndese polo cole e fai unha serie de desfeitas.

A nosa misión será poñerlle un nome, e atopalo seguindo as pistas que iremos publicando no blog.

Onde se agochará cada día? 

Seredes quen de atopalo?

Estade super atentos a diario neste blog!!!



Versión en inglés







Versión en galego





xoves, 25 de novembro de 2021


 SABÍAS QUE?  25N

Hoxe 25 de novembro celébrase o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Estableceuno a ONU, en lembranza do asasinato da activista dominicana Minerva Mirabal e as súas irmáns, no ano 1960. 

Elas loitaban polos dereitos da mulleres e a igualdade.

Na nosa biblio temos materiais para traballar esta temática. Visitádea e desfrutade aprendendo!!!






luns, 15 de novembro de 2021

QUÈ TIPO DE LECTOR ES?


Gozas coa lectura? E que tipo de lector es? Cal é o teu estilo? 

Nesta infografía podes descubrilo.

 Anímaste a compartilo con nós abaixo nos comentarios? Así poderemos axudarche mellor a escoller as túas lecturas. Dille a túa familia que o faga tamén, resultaravos divertido!! 




mércores, 10 de novembro de 2021


NOVIDADES DE NOVEMBRO

 Ola ratiños e ratiñas da biblioteca:

xa sabedes que novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas?

Na nosa, preparamos un recuncho adicado á ciencia e ademais compartímosvos os manifestos que comparte a Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria.

así que.... ademais de ler ANIMÁDEVOS A INVESTIGAR!!!!

https://drive.google.com/file/d/1XrtPCt6FZMeU7iIc8WwiALRZPAO-Hl9t/view?usp=sharing


https://drive.google.com/file/d/1yKEXzUN-ingHO0jOe49huGyxS_3tdTu7/view?usp=sharing











Gústavos o noso recuncho de ciencias na biblio?

vinde a visitalo, ALUCINAREDES!!!!
Recunchos de ciencia na biblio


xoves, 28 de outubro de 2021

 SAMAÍN 2021


Benvidos ratiños e ratiñas de biblioteca a este recuncho escalofriante do SAMAÍN!!!!

Para que desfrutedes nesta data, deixámosvos dous contos SUPER TERRORÍFICOS!!!!! para pasares un día de medo.

Xa que esta celebración ten orixe celta, e en Irlanda lle chaman Halloween, escollemos un relato en galego, e outro moi faciliño en inglés. Este último moi ben narrado polo noso auxiliar de conversa Sumit.

Agardamos que vos arrepíen moito e o pasedes xenial con eles!!!!


FELIZ SAMAÍN!!!!🎃🎃


HAPPY HALLOWEEN !!!!🎃🎃





domingo, 24 de outubro de 2021

DIA DA BIBLIOTECA 24 OUTUBRO

 Qué tal ratiños e ratiñas de biblioteca? Hoxe é o noso gran día, O DÍA DA BIBLIOTECA!!!!

E sabedes por qué o cada 24 de outubro celebramos esta festa?

Pois resulta que o 24 de outubro de 1992 durante a guerra dos Balcáns, incendiouse a biblioteca de Sarajevo. A destrucción fíxose adrede xa que se creía que esa biblioteca era unha mostra de impureza fronte a nación que querían construir.




Deste xeito lémbrase a importancia das bibliotecas para a conservación da memoria dos pobos.

En verbas de Mafalda:


Como agasallo deste día deixámosvos un video que vos pode axudar a construir un minilibro de papel.

Ratiños e ratiñas, non deixedes de ler, escribir e visitarnos na biblio.

Bicos literarios a todos e todas!!!!




martes, 19 de outubro de 2021

 BENVIDA A BIBLIOTECA

Ola nenos e nenas, profes, familias e toda a comunidade. Un curso máis dámosvos a benvida a biblio do cole Rosalía. Este ano xa podedes visitarnos (cumprindo sempre cos protocolos de seguridade), e atoparedes un montón de historias, contos e información, nos nosos andeis e seguramente máis de unha sorpresa que vos fará alucinar.
Para comezar temos un recunchiño de outono e tamén outro mooooi terrorífico: SAMAÍN!!!!













domingo, 27 de xuño de 2021

ÚLTIMA CONTADA DO CURSO 2020-2021

 DENDE O RECUNCHO DAS CONTADAS DENDE AS CASAS, UNHA ALUMNA DA AULA DO PASEO DO ESPOLÓN, QUERE COMPARTIR CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO UN CONTACONTOS CHEO DE VALORES QUE FOMENTAN O COIDADO DO PLANETA, A NATUREZA, A RECICLAXE,...

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO O ALUMNADO DO PASEO DO ESPOLÓN, QUE XA O PUIDEMOS DISFRUTAR GRAZAS A NOSA COMPAÑEIRA ROSALÍA E A SÚA FAMILIA.





martes, 22 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E ENLACE AOS CONTACONTOS DA FLAVIOTECA

UN ANO MAIS SIRIA E A MASCOTA DA FLAVIOTECA, EF, XUNTÁRONSE PARA ELABORAR UN POSTER COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN. 
ADEMAIS DE LIBROS, PODEDES ATOPAR XOGOS, MÚSICA E PELÍCULAS. 
ADEMAIS O ARCE EF QUERE QUE VOS ACHEGUEDES AO BLOGUE DA FLAVIOTECA E DISFRUTEDES DOS CONTACONTOS ELABORADO POLO ALUMNADO DO FLAVIA, DISFRUTANDO, AÍNDA QUE SE XA DE FORMA VIRTUAL, DUNHA QUEDADA LITERARIA COMO FACÍAMOS OUTROS ANOS. 
CONTACONTOS: 
UNHA APERTA E DISFRUTADE DO VERÁN. 

domingo, 20 de xuño de 2021

QUEDADA LITERARIA CA EEI da ESCRAVITUDE E CONTACONTOS MUSICADOS PARA O RECUNCHO DAS CONTADAS

 O ALUMNADO DE 4º A DE EDUCACIÓN INFANTIL COA PROFE MARÍA,  LEVOU A CABO ESTE MARTES UNHA QUEDADA LITERARIA VIRTUAL CO ALUMNADO DA EEI DA ESCRAVITUDE COMPARTINDO AS SUAS LECTURAS FAVORITAS, GRAZAS A AXUDA DA TEACHER NURIA, QUE COMPARTE COLEXIO CONNOSCO E CON ELES.


OS NENOS E NENAS DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO E DA EEI DA ESCRAVITUDE FORON ENSINANDO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS OS SEUS CONTOS PREFERIDOS.








GUSTOUNOS MOITO COMPARTIR AS LECTURAS E DESCUBRIR QUE OS NOSOS GUSTOS SON MOI PARECIDOS.


ADEMAIS QUEREMOS DEIXAR AQUÍ UNS CONTACONTOS MUSICADOS PREPARADOS POR ALGÚNS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA  COA PROFE DE MÚSICA MARTA, E ASI PODER DISFRUTALOS DENDE AS CASAS NOS VOSO RECUNCHOS DAS CONTADAS:



xoves, 17 de xuño de 2021

HOMENAXE A ERIC CARLE

Na biblio.rosalía quixemos facerlle unha HOMENAXE ao escritor e ilustrador infantil Eric Carle. 
Na biblioteca preparamos un expositor con moitos dos libros que temos del nos nosos andeis.
Esperamos que vos guste a nosa exposición. 


Ademais os nenos e nenas do Paseo do Espolón en infantil coa teacher Nuria e a profe María, quixeron renderlle unha homenaxe traballando algúns dos seus libros mais significativos. 
Mirade:















DEIXÁMOSVOS UN CONTACONTOS DA "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" OU "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR":
 


venres, 28 de maio de 2021

NOVAS E AXENDA CULTURAL

ACHEGÁMOSVOS AS NOVAS DA BIBLIOTECA DO NOSO CONCELLO:


ADEMAIS VOS DEIXAMOS ESTAS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE TERAN LUGAR NO MES DE XUÑO POLAS PARROQUIAS DO NOSO CONCELLO:


DESEAMOS QUE AS POIDADES DISFRUTAR.