Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

domingo, 21 de marzo de 2021

21 de MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

 

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, co obxetivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Ademais, búscase promover a ensinanza da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senon unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

Na biblio.rosalía non queremos deixar pasar esta data sen fomentar a lectura e recitado de poesía no noso alumnado, polo que dende o día 22 de marzo teredes na biblioteca un expositor con poemarios e libros de poemas que podedes pedirlle aos vosos titores para que leven a vosa aula na biblio.mobil.

Ademais, hoxe, día 21 de marzo é o Día Da ÁRBORE, polo que vos deixamos estés poemas da poetisa galega Yolanda Castaño sobre árbores:

E este poema da nosa poetisa favorita: Rosalía de Castro, titulado: "Vaca, árbore e hórreo" para que disfrutedes:



venres, 12 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 ESTA SEMANA CELÉBRASE A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

NA BIBLIO.ROSALÍA PREPARAMOS UN RECUNCHIÑO CON MOITOS XORNAIS E REVISTAS AOS QUE PODEDES ACHEGARVOS:


ADEMAIS PODEDES ACCEDER A REVISTA/XORNAL DIXITAL O PAPAGAIO OU PEDIRLLA AOS VOSO TITORES PARA DISFRUTAR DELA NA CLASE EN FORMATO TRADICIONAL (PAPEL):


DENDE O EQUIPO  DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ESTÁN MAQUETANDO UN XORNAL COAS NOTICIAS QUE FOMOS CREANDO OS NENOS E NENAS DO COLEXIO DE FORMA COOPERATIVA. 
(DE CONTADO VOLA DEIXAREMOS POR AQUÍ PARA QUE LLE VOTEDES UN OLLO) 


luns, 8 de marzo de 2021

#8MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 


Dende a biblio.rosalía deixamosvos a selección de contos que temos na biblioteca para conmemorar esta data. 

Podedes pedirllos aos vosos titores para levalos na biblio.mobil.

Ademais podedes disfrutar destes contacontos que nos enviaron  a profe Paula e a teacher Nuria para celebrar esta data


E da música de Tanxugueiras coas que celebraremos esta conmemoración:


Dentro duns días disfrutaremos da entrevista que lle fixemos ó alumnado do CEIP Rosalía de Castro a este grupo músical femenino.