Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

luns, 26 de abril de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS NOSOS BOOKTUBERS E CONTACONTOS DENDE AS CASAS

 O LONGO DESTA SEMANA DO LIBRO O ALUMNADO DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO E DOUTROS MOITOS CENTROS GALEGOS CONVERTÉRONSE EN "BOOKTUBERS".


O TERMO "BOOKTUBER" EMPRÉGASE PARA NOMEAR A COMUNIDADE DE CREADORES DE VÍDEOS E CONTIDOS RELACIONADOS COS LIBROS QUE SE SOBEN A INTERNET.

ESTE TERMO PROCEDE DAS PALABRAS  "BOOK" = LIBRO EN INGLÉS E "TUBER" = FINAL DA PALABRA "YOUTUBE" , QUE É UN SITIO WEB ADICADO A COMPARTIR VIDEOS.

DENDE A BIBLIO.ROSALÍA  QUIXEMOS MONTAR UNHA PRESENTACIÓN PARA QUE SEXA MAIS DOADO ATOPAR AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS NOSOS BOOKTUBERS.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN.



ADEMAIS FORON CHEGANDO CONTACONTOS DENDE AS CASAS PARA DISFRUTAR NO TEMPO DO RECREO OU DE OCIO NESTES DÍAS DE PRIMAVERA CHUVIOSA. 

PODEDES ACCEDER A ESTAS "CONTADAS DENDE AS CASAS" A TRAVÉS DA NOSA BIBLIOTECA VIRTUAL QUE ATOPAREDES A CONTINUACIÓN:


#CREAccións para festexar o Día do Libro

venres, 23 de abril de 2021

FELÍZ DÍA DO LIBRO

 HOXE, 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO, E AINDA QUE NO COLE ESTIVEMOS TRABALLANDO ARREDOR DESTA CONMEMORACIÓN O LONGO DE TODA A SEMANA, NON PODÍAMOS DEIXAR DE MENCIONAR ESTA DATA TAN IMPORTANTE E FACER UNHA ENTRADA NO BLOGUE PARA CELEBRALO.


XA FORON CHEGANDO MOITOS VIDEOS DOS BOOKTUBERS QUE TEMOS NO COLEXIO E CONTACONTOS PARA AS "CONTADAS DENDE AS CASAS".

PRONTO VOLOS DEIXAREMOS AQUÍ PARA QUE POIDADES VER OS LIBROS QUE NOS RECOMENDAN LER OS NENOS E NENAS DO ROSALÍA E PARA QUE DISFRUTEDES DOS CONTOS TAN FERMOSOS QUE NOS NARRARON ALGÚNS NENOS E NENAS DENDE AS SÚAS CASAS.

REMATO ESTA CELEBRACIÓN DEIXÁNDOVOS UNHA "CONTADA" TITULADA: "A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO"  DE ROCIO BONILLA, PARA QUE DISFRUTEDES DELA NESTE DÍA DO LIBRO.


#CREAccións para festexar o Día do Libro

mércores, 21 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 2021

Chegou abril e a Semana do Libro, polo que dende a biblio.rosalía propoñémosvos unha nova actividade:    


A actividade consiste en crear un anuncio (mellor en formato vídeo, pero pode ser un podcast ou cartel) recomendando un libro aos compañeir@s baixo o lema “A onde viaxaches cun libro?”, aproveitando as #xeografíaslectoras deste curso escolar.
Non debedes esquecer dar os datos do libro, dicir a onde viaxáchedes ao lelo, dar algunhas pistas do seu contido e animar a que o lean os compañeiros e compañeiras do cole.

Ademais podedes festexar esta Semana do Libro enviando un vídeo para o recuncho das "CONTADAS"
 #CONTADASdendeascasas.

Pedídelle axuda aos vosos familiares.  para narralo ou gravarvos.
 
Agardamos que o día 23 poidamos mostrarvos as recomendacións lectoras dos nosos booktubers e pouco a pouco colgaremos as contadas dos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro para que disfrutes dende as casas.


#CREAccións para festexar o Día do Libro



venres, 2 de abril de 2021

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, E DENDE A BIBLIOTECA. ROSALÍA NON QUEREMOS DEIXAR DE CELEBRARLO, AÍNDA QUE NOS ATOPEMOS DE VACACIONES DE PASCUA
DEIXAMOSVOS ESTE VÍDEO NO QUE VOS ANIMAN A CONTINUAR DISFRUTANDO DOS LIBROS. 


E VOS ANIMAMOS A PARTICIPAR NO CONCURSO "EU SON...!" NO QUE O GÁLIX (ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL) NOS PROPÓN  GRABAR UN VÍDEO REPRESENTANDO A NOSA PERSONAXE LITERARIA PREFERIDA  E COLGALA NAS REDES SOCIAIS.
PODEDES CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO FACENDO CLICK NO CARTEL.