Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 28 de maio de 2021

NOVAS E AXENDA CULTURAL

ACHEGÁMOSVOS AS NOVAS DA BIBLIOTECA DO NOSO CONCELLO:


ADEMAIS VOS DEIXAMOS ESTAS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE TERAN LUGAR NO MES DE XUÑO POLAS PARROQUIAS DO NOSO CONCELLO:


DESEAMOS QUE AS POIDADES DISFRUTAR. 

luns, 17 de maio de 2021

FELÍZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Dende a biblio.rosalía desexamos a toda a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro un...

 FELÍZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!



Ademais vos deixamos este exemplar do libro "Non te amola!" por se queredes ler algo da poetisa, escritora, traductora, profesora... homenaxeada estas letras galegas
 XELA ARIAS.

(se facedes click na portada do libro podedes descargalo ou lelo en linea grazas ao Consello da Cultura Galega)

#Letras galegas 2021, Xela van para ti!!!!

O alumnado de educación infantil do colexio quixo coñecer a escritora elaborando unhas caroutas moi orixinais. Deixámosvos a continuación o modelo empregado para elo, por se vos apetece convertervos en Xela Arias e crear a vosa propia carouta:

(grazas a OZOCOGZ)


sábado, 15 de maio de 2021

#DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

 

Hoxe conmemórase o Día Internacional das Familias e dende o recuncho das  "CONTADAS dende as casas" queremos  celebralo con este contacontos feito por unha profe do equipo da biblio.rosalía titulado: "Una familia normal" de Daniela Kulot
Desexamos que vos guste e que disfrutedes deste día das familias!!!




venres, 14 de maio de 2021

RETO DAS LETRAS GALEGAS 2021

 DENDE A BIBLIO.ROSALÍA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PROPOÑÉMOSVOS O SEGUINTE RETO PARA CONEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 


BUSCADE OS NOMES GALEGOS QUE HAI NAS VOSAS FAMILIAS E COMPARTIDEOS CON NÓS ENGADINDO AS VOSAS APORTACIÓN NO SEGUINTE TABOLEIRO INTERACTIVO.

Hecho con Padlet

PODEDES ENGADIR O VOSO NOME E CURSO ONDE PON "TÍTULO" E O NOME GALEGO QUE QUEIRADES COMPARTIR CON NÓS ONDE PON "ESCRIBE ALGO"



mércores, 12 de maio de 2021

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS 2021

O LUNS 17 DE MAIO CELEBRAREMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
ESTE ANO CONMEMÓRASE A ESCRITORA, POETÍSA, EDITORA, TRADUCTORA E PROFESORA 
XELA ARIAS.

DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS CELEBRAR ESTA DATA.
 COMEZAREMOS FACENDOO O VENRES 14 DE MAIO E CONTINUAREMOS FESTEXANDO AS NOSAS LETRAS E COÑECENDO A XELA O LONGO DO QUE QUEDA DO MES DE MAIO.

ESTE É O  RECUNCHO DA BIBLIO.ROSALÍA  COAS OBRAS DE XELA ARIAS QUE TEMOS NO COLE:


DEIXÁMOSVOS ESTA PRESENTACIÓN PARA COÑECER UN POUCO MAIS A XELA ARIAS E A SÚA OBRA.




SEGUIREMOS INFORMANDO DAS COUSIÑAS QUE ESTAMOS FACENDO NA BIBLIO.ROSALÍA.

domingo, 9 de maio de 2021

#DÍAdeEUROPA CELEBRANDO O DÍA DE EUROPA

 Dende a biblio.rosalía non queremos deixar pasar a celebración do DÍA DE EUROPA, día no que se celebra a paz e a unidade do continente europeo.



  Aínda que estamos na fin de semana deixámosvos uns xogos para conmemorar esta festa e que coñezades os paises europeos, as súas capitais, e mais datos interesantes europeos.


FACENDO CLICK NA IMAXE ACCEDEREDES A TODOS OS CONTIDOS E XOGOS.