Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

martes, 22 de febreiro de 2022

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




Qué tal ratiños e ratiñas? Achégase un día moi importante que festexar: O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Xa sabedes que Rosalía é a escritora padronesa que da nome ao noso cole, e o día 23 de febreiro, celebramos o seu aniversario, xa que esta é a data do seu nacemento.

O día de Rosalía convirteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que ata o de agora e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poetisa, celebrábase o 24 de febreiro, día que recibeu o bautismo.

Así puxemos un recuncho na biblioteca coa súa obra, montamos unha silueta de Rosalía e escribimos un dos seus poemas relacionandoo coa temática do proxecto deste ano: A MÚSICA














martes, 8 de febreiro de 2022

 DIA INTERNACIONAL DA MULLER  E A NENA NA CIENCIA,( 11 de febreiro)

Ratiños e ratiñas: dende a biblio do Rosalía, facémonos eco desta importante data, compartindo a información proporcionada pola Rede de bibliotecas escolares de Galicia.