Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

xoves, 22 de xuño de 2023

 DESPEDIDA


Qué tal ratiños e ratiñas??

Hoxe Leo e Páxina pasamos por aquí para despedirnos. Remata o curso e imos ir de vacacións de verán a visitar outros lugares e coñecer novas lecturas.

O vindeiro curso viremos cargados de novos libros e contos, novas e emocionantes propostas e un montón de sorpresas máis.

Agardamos que no verán non deixedes as lecturas fresquiñas e que nos visitedes de novo na biblio a partires de setembro.

E como non, despedímonos con festa, o Festival do cole no que o pasamos moi ben desfrutando dos vosos bailes e actuacións.


PASADE MOI BO VERÁN E AGARDAMOS POR VOS EN SETEMBRO!!!!




 CONTACONTOS INFANTIL


Ola ratiños e ratiñas, qué tal estades?

O pasado martes día 20 tivemos a visita de Julia, unha profe do primeiro ciclo de Educación Infantil que veu a presentarnos un conto chulísimo que ela mesma escribeu.

O título do conto é "Un extraño en la granja" e fala da diversidade e da importancia de traballala, integrala e aceptala, xa que todos e todas somos diferentes.

Lembrade que os beneficios da venta deste conto serán doados ao proxecto creado no Hospital Clínico de Santiago para mellorara asistencia, docencia e investigación pediátrica.

Nos dende a biblio xa temos os nosos exemplares encargados, esperamos que cando os teñamos, volva Julia e os asine.







xoves, 15 de xuño de 2023

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


Ola ratiños e ratiñas, Leo e Páxina estivemos a investigar sobre novas lecturas que vos poden gustar para entretervos no verán e seguir cos vosos hábitos lectores.


Son novidades moi fresquiñas que esperamos que disfrutedes moito.

Lembrade que aquí pretiño temos estupendas librarías e bibliotecas que nos poden axudar a conseguir estes títulos e moitos outros máis, facédelle unha visitiña e desfrutade do seu asesoramento e fondos.


Esperamos que vos gusten moito!!!

Un saúdo de Leo e Páxina




venres, 2 de xuño de 2023

 REMATANDO NA BIBLIO


Ola ratiños e ratiñas, estamos chegando ao remate do curso e a biblioteca do Rosalía comeza a pechar as súas portas.

Neste mes de xuño, necesitamos que devolvades todos os libros que tedes emprestados e nós, Leo o Páxina adicaremonos a colocalos e organizar os espazos e materiais para que logo en setembro poidamos volver a vernos canto antes.

De momento, deixámosvos unhas fotos de diferentes actividades que se foron realizando na biblio, promovidas e/ou apoiadas por ela.


MOCHILAS VIAXEIRAS





CHARLA SAÚDE BUCODENTAL








OBRADOIROS DE EMOCIÓNS









CHARLA SOBRE TRASTORNO BIPOLAR



PRESENTACIÓNS DE LIBROS



ACTIVIDADES E XOGOS NO ESPAZO MAKER







APOIANDO A OUTRAS LINGUAS



CONTACONTOS DE MAIORES A PEQUES



BIBLIO NO PATIO