Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

sábado, 11 de maio de 2024

 ACTIVIDADE DE ESCRITURA


Os cursos de 1º e 2º de primaria levaron a cabo un obradoiro de escritura en arxila, da man de Julio Verne que comparou a súa volta ao mundo cunha viaxe a través dos países e do tempo para descubrir e coñecer as primeiras escrituras das que ten constancia o ser humano, que apareceron na zona da antiga Mesopotamia.


A escritura en arxila está en Sumerio, idioma que emprega a chamada "escritura cuneiforme"pola forma de cuña que teñen os seus trazos.

Así tamén traballaron o paso do tempo, a historia, o presente,o pasado e o futuro.































venres, 10 de maio de 2024

 FORMACIÓN DO PROFESORADO


A biblio do Rosalía é consciente da importancia de contar no noso centro con profesionais formados e actualizados en novas metodoloxías de traballo co alumnado, e con coñecementos renovados e adaptados as demandas da sociedade actual.


Por iso, a biblioteca somos o centro neurálxico e acolledor de todos os plans de formación do profesorado que levamos a cabo no centro, sempre enmarcados nos diferentes Plans de Formación Permanente do Profesorado que oferta a Consellería de Educación, e en constante colaboración co CAFI, organismo encargado da coordinación e a posta en marcha dos mesmos.


Neste curso o profesorado do Rosalía participou nos seguintes programas de formación:


POLOS CREATIVOS

Os polos creativos son espazos educativos innovadores cun deseño modular, dotados de equipación especializada e que ocupan espazos físicos definidos nos centros educativos. Funcionan como centro de actividades no que se traballa a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o encausado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica...

Así os docentes participaron nunha sesión de robótica enfocada sobre todo a educación infantil aínda que se traballaron contidos adecuados a primaria.






Tamén tiveron outra sesión sobre manexo e traballo coa cortadora láser..


















FORMACIÓN DE CONVIVENCIA

Dada a importancia da creación dun clima axeitado de convivencia entre todos os membros que forman a comunidade escolar, o profesorado do centro levou a cabo un Pfpp de Convivencia para seguir mellorando o clima escolar e coñecer estratexias de manexo e resolución de conflictos, así como o traballo coas emocións e a súa implicación na convivencia e nos procesos de ensino-aprendizaxe.







CONTRATO-PROGRAMA IGUALA-T

Con este programa desenvolveremos accións para o fomento da coeducación, isto é, a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención, a detección e o tratamento das violencias  machistas e a promoción e o respeto pola diversidade afectivo-sexual e de xénero.









PROXECTO FAME CERO

En colaboración coa organización Mans Unidas, enmarcado no seu proxecto Fame Cero, o profesorado recibiu formación sobre o coidado e promoción da horta escolar, como continuación da súa posta en marcha en cursos anteriores.












mércores, 24 de abril de 2024

 DIA DO LIBRO

Onte celebrouse o ...

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta efemérides o alumnado de sexto preparou uns contos para o alumnado de infantil, que desfrutaron fora no patio.














Na biblioteca acollemos unha feira do libro no que toda a comunidade educativa tivo a posibilidade de mercar libros a prezos de outlet.