Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 22 de febreiro de 2019

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

DURANTE ESTAS SEMANAS DE FEBREIRO ANDIVEMOS TRABALLANDO EN DIFERENTES COUSAS PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

ENTRE TODO O ALUMNADO DO COLEXIO COS MESTRES E MESTRAS DE MÚSICA E PLÁSTICA, CREAMOS UN MURAL ONDE CADA NENO E NENA FIXO A SÚA INTERPRETACIÓN DE ROSALÍA DEBUXÁNDO O SEU RETRATO.

ADEMAIS AO LADO DESTE MURAL, QUE PRESIDE A ENTRADA DO COLEXIO, O EQUIPO DE BIBLIOTECA COLOCOU UNHA MESA CON LIBROS DA AUTORA QUE DA NOME AO NOSO CENTRO.




 DURANTE ESTAS SEMANAS PUSEMOS, NA MEGAFONÍA DA ENTRADA, OS SEUS POEMAS MUSICADOS POR UXIA SENLLE (DO SEU LIBRO "ROSALÍA PEQUENIÑA")





O ALUMNADO DE 3º APROVEITANDO QUE A SEMANA PASADA FIXO UNHA SAÍDA A SANTIAGO PASOU POLA IGREXA DE BASTAVALES ONDE QUIXO FACER UNHA HOMENAXE A ROSALÍA RECITANDO O SEU POEMA "CAMPANAS DE BASTAVALES"





O ALUMNADO DE 5° FOI O XOVES 21 A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO E ALÍ PLANTARON UN RETOÑO DO CARBALLO DE GUERNICA.




O GRUPO DO CLUB DE LECTURA TAMÉN CONMEMOROU ESTA DATA LENDO UNS POEMAS DE "FOLLAS NOVAS" E CREANDO UN MURAL PARA DECORAR O ESPAZO QUE OCUPAN NAS SÚAS REUNIÓNS.





O EQUIPO DE BIBLIOTECA  XUNTO CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, CREOU UN MARCAPÁXINAS QUE SE LLE ENTREGOU AS TITORIAS PARA QUE O ALUMNADO O LEVE PARA A CASA O VENRES 22,  DÍA ELEXIDO POLO CONCELLO PARA CONMEMORAR CO ALUMNADO DOS DIFERENTES CENTROS DO CONCELLO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.





O NOSO ALUMNADO DE 6º PARTICIPOU EN DITO HOMENAXE ACHEGÁNDOSE AO PASEO DO ESPOLÓN PARA FACER A OFRENDA FLORAL E POSTERIORMENTE AO AUDITORIO MUNICIPAL DE PADRÓN ONDE PARTICIPARON NUN RECITADO DE POESÍAS HOMENAXEANDO A ROSALÍA.


 ADEMAIS FIXÉRONLLE ENTREGA AS INSTITUCIÓNS E CENTROS ALÍ REUNIDOS DUNS MARCAPÁXINAS ELABORADOS POLO EQUIPO DA BIBLIO.ROSALIA.


ESPERAMOS QUE LLES GUSTARAN!!!

martes, 19 de febreiro de 2019

RETO 4: ENTROIDO NO MUNDO

O NOVO RETO DA BIBLIOTECA TEN QUE VER CO

 XA QUE ESTAMOS PRÓXIMOS A DISFRUTAR DE DITA FESTIVIDADE.

PARA ELO DEBEDES:





NO  RECUCHO ONDE ESTÁ O RETO, ATOPAREDES INFORMACIÓN QUE VOS PODE SER ÚTIL
 (LIBROS, FOLLETOS, TRÍPTICOS, CARTEIS, DVDs...)



TAMÉN TEMOS ORGANIZADAS UNHAS CHARLAS SOBRE ENTROIDO NOS RECREOS, COMEZANDO ESTE VENRES 22 DE FEBREIRO. 

¡¡ANIMÁDEVOS A VIR A BIBLIOTECA A RECIBIR INFORMACIÓN!!

PODEDES PARTICIPAR ATA O LUNS DESPOIS DO SÁBADO DE PIÑATA (LUNS 11 DE MARZO)


E AGORA....

                                        A PARTICIPAR!!!


domingo, 17 de febreiro de 2019

AXENDA CULTURAL FEBREIRO

XA TEMOS COLGADO NO TABOLEIRO AO LADO DA BIBLIOTECA A AXENDA CULTURAL PARA O MES DE FEBREIRO.

CONSULTÁDEA XA QUE HAI NUMEROSAS ACTIVIDADES PARA ESTE MES E PARA INICIOS DO MES DE MARZO.












CONTADAS NA BIBLIO.ROSALIA

OS RECREOS ESTÁN CHEOS DE VIDA NA NOSA BIBLIOTECA E PRÁCTICAMENTE TODOS OS DÍAS PRÉNDESE A LAMPARIÑA  E TEMOS SESIÓN DE CONTACONTOS NO NOSO RECUNCHO DE "CONTADAS".





ESPEREMOS QUE SE SIGAN ANIMANDO MAIS NENOS E NENAS A CONTAR CONTOS. 

xoves, 14 de febreiro de 2019

VIDEOS DO RETO 3: HISTORIAS DE PAZ E ENTREGA DE PREMIOS

ESTE É O VIDEO QUE CREAMOS POLO DÍA DA PAZ COS AUDIOS QUE GRABARON OS PARTICIPANTES CONTANDO AS SÚAS HISTORIAS DE PAZ E DE BOAS ACCIÓNS.






ADEMAIS DE PUBLICALO NO BLOGUE ESTÁ GRABADO NUN DVD E CATALOGADO NA BIBLIOTECA POR SE ALGUÉN O QUERE EMPREGAR NAS AULAS  OU LEVAR PARA A CASA.

ADEMÁIS ESTA SEMANA FIXEMOS ENTREGA DOS AGASALLOS AOS PARTICIPANTES.

MOITAS GRACIAS A TODOS/TODAS POLA PARTICIPACIÓN.

martes, 12 de febreiro de 2019

CONTACONTOS DE FEBREIRO

Hoxe, Martes 12 de febreiro, puidemos disfrutar dunha sesión de contacontos na biblioteca a hora do recreo de comedor. A narradora ou contadora do conto foi Alicia, membro da nosa comunidade educativa por ser monitora da empresa Barallocas nos despertares do colexio.
Alicia contoulles aos alumnos de infantil e 1°o conto de "O libro dos porcos".


Ainda que algúns xa o coñecían, prestaron moita atención e lles gustou moito.






Moitas grazas a Alicia e Barallocas por vir compartir connosco esta sesión de contacontos.


luns, 11 de febreiro de 2019

CONTACONTOS


*O contacontos é no recreo da tarde, despois do comedor.