Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 22 de febreiro de 2019

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

DURANTE ESTAS SEMANAS DE FEBREIRO ANDIVEMOS TRABALLANDO EN DIFERENTES COUSAS PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

ENTRE TODO O ALUMNADO DO COLEXIO COS MESTRES E MESTRAS DE MÚSICA E PLÁSTICA, CREAMOS UN MURAL ONDE CADA NENO E NENA FIXO A SÚA INTERPRETACIÓN DE ROSALÍA DEBUXÁNDO O SEU RETRATO.

ADEMAIS AO LADO DESTE MURAL, QUE PRESIDE A ENTRADA DO COLEXIO, O EQUIPO DE BIBLIOTECA COLOCOU UNHA MESA CON LIBROS DA AUTORA QUE DA NOME AO NOSO CENTRO.




 DURANTE ESTAS SEMANAS PUSEMOS, NA MEGAFONÍA DA ENTRADA, OS SEUS POEMAS MUSICADOS POR UXIA SENLLE (DO SEU LIBRO "ROSALÍA PEQUENIÑA")





O ALUMNADO DE 3º APROVEITANDO QUE A SEMANA PASADA FIXO UNHA SAÍDA A SANTIAGO PASOU POLA IGREXA DE BASTAVALES ONDE QUIXO FACER UNHA HOMENAXE A ROSALÍA RECITANDO O SEU POEMA "CAMPANAS DE BASTAVALES"





O ALUMNADO DE 5° FOI O XOVES 21 A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO E ALÍ PLANTARON UN RETOÑO DO CARBALLO DE GUERNICA.




O GRUPO DO CLUB DE LECTURA TAMÉN CONMEMOROU ESTA DATA LENDO UNS POEMAS DE "FOLLAS NOVAS" E CREANDO UN MURAL PARA DECORAR O ESPAZO QUE OCUPAN NAS SÚAS REUNIÓNS.





O EQUIPO DE BIBLIOTECA  XUNTO CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, CREOU UN MARCAPÁXINAS QUE SE LLE ENTREGOU AS TITORIAS PARA QUE O ALUMNADO O LEVE PARA A CASA O VENRES 22,  DÍA ELEXIDO POLO CONCELLO PARA CONMEMORAR CO ALUMNADO DOS DIFERENTES CENTROS DO CONCELLO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.





O NOSO ALUMNADO DE 6º PARTICIPOU EN DITO HOMENAXE ACHEGÁNDOSE AO PASEO DO ESPOLÓN PARA FACER A OFRENDA FLORAL E POSTERIORMENTE AO AUDITORIO MUNICIPAL DE PADRÓN ONDE PARTICIPARON NUN RECITADO DE POESÍAS HOMENAXEANDO A ROSALÍA.


 ADEMAIS FIXÉRONLLE ENTREGA AS INSTITUCIÓNS E CENTROS ALÍ REUNIDOS DUNS MARCAPÁXINAS ELABORADOS POLO EQUIPO DA BIBLIO.ROSALIA.


ESPERAMOS QUE LLES GUSTARAN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario