Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

mércores, 27 de novembro de 2019

PARTICIPACIÓN RETO 1 E ENTREGA DE PREMIOS.

FORON MOITOS OS PARTICIPANTES NO RETO 1 DA BIBLIO.ROSALÍA, PERSONAXES MITOLÓXICOS DO SAMAÍN.



ESTA SEMANA FIXOSE A ENTREGA DE DIPLOMAS POLA PARTICIPACIÓN E DOS PREMIOS A MELLOR INVESTIGACIÓN.

AS GAÑADORAS:

ALGÚNS PARTICIPANTES CO SEU DIPLOMA:




SEGUIDE INVESTIGANDO E PARTICIPANDO NOS RETOS LITERARIOS DA BIBLIOTECA.

martes, 26 de novembro de 2019

PRIMEIRA QUEDADA LITERARIA CURSO 2019-2020

A SEMANA PASADA TIVEMOS A PRIMEIRA QUEDADA LITERARIA DO CURSO ESCOLAR 2019-2020.
O ALUMNADO DE 1°DE EDUC. PRIMARIA DO NOSO COLE RECIBIU A VISITA DO ALUMNADO DE 6° EDUC. PRIMARIA DO CEIP FLAVIA.











DESPOIS DOS CONTACONTOS OS NENOS E NENAS DO FLAVIA PUIDERON XOGAR E MERENDAR COS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6° DO NOSO COLEXIO.

DESEXAMOS CONTINUAR TENDO ESTES MOMENTOS DE CONVIVENCIA ENTRE OS DOUS CENTROS.


luns, 25 de novembro de 2019

#25N#

NA BIBLIO.ROSALÍA PREPARAMOS UN ESPAZO CON LIBROS DE IGUALGADE E FEMINISMO PARA TRABALLAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.




xoves, 21 de novembro de 2019

EMPREGO DOS MARCADORES NA BIBLIOTECA

Na biblioteca hai moitos libros, están clasificados e cada un ten o seu sitio.

Para mantela ordeada empregaremos os MARCADORES.



Os MARCADORES son tarxetas grandes, coma marcapáxinas, cunha cor e un debuxo.


Cando queremos coller un libro da estantería, collemos un marcador e colocámolo no lugar do libro que sacamos do estante.

Debemos recordar como é o marcador, que debuxo e que cor ten, para que cando rematemos de ler o libro poidamos devolvelo no seu lugar. 

ASÍ MANTEMOS A NOSA BIBLIOTECA ORDEADA.


mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

HOXE É UN DÍA ESPECIAL, É O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE A APROBACIÓN DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA, QUE TIVO LUGAR O 20 DE NOVEMBRO DE 1989. 

SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE OS VOSOS DEREITOS NA BIBLIO.ROSALÍA TEMOS UNS CANTOS LIBROS QUE FALAN SOBRE ELES.




martes, 19 de novembro de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS: ESCAPE ROOM

DENDE O COMEZO DE CURSO, ALÓ EN SETEMBRO, O ALUMNADO DE 6°, XUNTO COAS SÚAS TITORAS E MEMBROS DO EQUIPO DE BIBLIO, COMEZOU A PREPARAR UN ESCAPE ROOM PARA FORMAR AOS USUARIOS DA BIBLIOTECA.
A SEMANA PASADA ORGANIZAMOS AS VISITAS A BIBLIOTECA PARA DISFRUTAR DE DITA ACTIVIDADE E REMATAR A FORMACIÓN DE USUARIOS.
DEIXÁMOSVOS UN VIDEO RESUMO DA XORNADA.


luns, 18 de novembro de 2019

RETO LITERARIO 2

NO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, PROPÓÑOVOS UN NOVO RETO DA BIBLIO.ROSALÍA.
RETO 2: MULLERES CIENTÍFICAS GALEGAS




PODEDES BUSCAR INFORMACIÓN NA ZONA DE CONSULTA DA BIBLIOTECA OU NA EXPOSICIÓN QUE SE ATOPA NA ENTRADA DO COLEXIO.





domingo, 17 de novembro de 2019

luns, 4 de novembro de 2019

SAMAÍN NA BIBLIO.ROSALÍA

A SEMANA PASADA CELEBRAMOS NA BIBLIO.ROSALÍA A SEMANA DO SAMAÍN.

O LUNS E O MARTES TIVEMOS UNHAS SESIÓNS DE CONTACONTOS DE MEDO NO RECREO.
FOI O ALUMNADO DE 6° O ENCARGADO DE CONTARNOS AS HISTORIAS, O LUNS PARA OS NENOS E NENAS DE 1°,2° E 3°.

O MARTES PARA O ALUMNADO DE 4°,5° E 6°.


 O MÉRCORES O ALUMNADO DE 5° ACHEGOUSE A BIBLIOTECA E LEVOU A CABO UNHA BUSQUEDA DO TESOURO MOI TERRORÍFICA.



















O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PREPAROU UNS MURAIS COA HISTORIA DO SAMAÍN MOI INTERESANTES.