Na biblioteca hai moitos libros, están clasificados e cada un ten o seu sitio.
Para mantela ordeada empregaremos os MARCADORES.
Os MARCADORES son tarxetas grandes, coma marcapáxinas, cunha cor e un debuxo.
Cando queremos coller un libro da estantería, collemos un marcador e colocámolo no lugar do libro que sacamos do estante.
Debemos recordar como é o marcador, que debuxo e que cor ten, para que cando rematemos de ler o libro poidamos devolvelo no seu lugar.
ASÍ MANTEMOS A NOSA BIBLIOTECA ORDEADA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario