O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN NADAL CHEO DE LECTURAS!!!
Páxinas
▼
A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES
▼
venres, 20 de decembro de 2019
PARTICIPACIÓN NO TALLER DE NADAL
O TALLER DE ECO-MANUALIDADES DE NADAL FOI TODO UN ÉXITO.
FORON MOITOS OS NENOS E NENAS QUE SE ACHEGARON A BIBLIO.ROSALÍA E CREARON OS SEUS ECO-PRODUCTOS.
luns, 16 de decembro de 2019
TALLER DE NADAL
PROPOÑÉMOSVOS UN TALLER DE ADORNOS DE NADAL ECOLÓXICO IMPARTIDO POLO ALUMNADO DE 5°, O MÉRCORESN HORA DO RECREO.
RECUNCHO DE NADAL
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PROPUXO UN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA APORTOU O SEU GRAN DE AREA NA DECORACIÓN DO RECUNCHO COLOCANDO ALGÚNS LIBROS DE NADAL QUE TEMOS NA BIBLIOTECA.
mércores, 27 de novembro de 2019
PARTICIPACIÓN RETO 1 E ENTREGA DE PREMIOS.
FORON MOITOS OS PARTICIPANTES NO RETO 1 DA BIBLIO.ROSALÍA, PERSONAXES MITOLÓXICOS DO SAMAÍN.
ESTA SEMANA FIXOSE A ENTREGA DE DIPLOMAS POLA PARTICIPACIÓN E DOS PREMIOS A MELLOR INVESTIGACIÓN.
AS GAÑADORAS:
ALGÚNS PARTICIPANTES CO SEU DIPLOMA:
SEGUIDE INVESTIGANDO E PARTICIPANDO NOS RETOS LITERARIOS DA BIBLIOTECA.
AS GAÑADORAS:
ALGÚNS PARTICIPANTES CO SEU DIPLOMA:
SEGUIDE INVESTIGANDO E PARTICIPANDO NOS RETOS LITERARIOS DA BIBLIOTECA.
martes, 26 de novembro de 2019
PRIMEIRA QUEDADA LITERARIA CURSO 2019-2020
A SEMANA PASADA TIVEMOS A PRIMEIRA QUEDADA LITERARIA DO CURSO ESCOLAR 2019-2020.
O ALUMNADO DE 1°DE EDUC. PRIMARIA DO NOSO COLE RECIBIU A VISITA DO ALUMNADO DE 6° EDUC. PRIMARIA DO CEIP FLAVIA.
DESPOIS DOS CONTACONTOS OS NENOS E NENAS DO FLAVIA PUIDERON XOGAR E MERENDAR COS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6° DO NOSO COLEXIO.
DESEXAMOS CONTINUAR TENDO ESTES MOMENTOS DE CONVIVENCIA ENTRE OS DOUS CENTROS.
DESEXAMOS CONTINUAR TENDO ESTES MOMENTOS DE CONVIVENCIA ENTRE OS DOUS CENTROS.
luns, 25 de novembro de 2019
#25N#
NA BIBLIO.ROSALÍA PREPARAMOS UN ESPAZO CON LIBROS DE IGUALGADE E FEMINISMO PARA TRABALLAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
xoves, 21 de novembro de 2019
EMPREGO DOS MARCADORES NA BIBLIOTECA
Na biblioteca hai moitos libros, están clasificados e cada un ten o seu sitio.
Para mantela ordeada empregaremos os MARCADORES.
Os MARCADORES son tarxetas grandes, coma marcapáxinas, cunha cor e un debuxo.
Cando queremos coller un libro da estantería, collemos un marcador e colocámolo no lugar do libro que sacamos do estante.
Debemos recordar como é o marcador, que debuxo e que cor ten, para que cando rematemos de ler o libro poidamos devolvelo no seu lugar.
ASÍ MANTEMOS A NOSA BIBLIOTECA ORDEADA.
mércores, 20 de novembro de 2019
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
HOXE É UN DÍA ESPECIAL, É O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE A APROBACIÓN DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA, QUE TIVO LUGAR O 20 DE NOVEMBRO DE 1989.
SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE OS VOSOS DEREITOS NA BIBLIO.ROSALÍA TEMOS UNS CANTOS LIBROS QUE FALAN SOBRE ELES.
martes, 19 de novembro de 2019
FORMACIÓN DE USUARIOS: ESCAPE ROOM
DENDE O COMEZO DE CURSO, ALÓ EN SETEMBRO, O ALUMNADO DE 6°, XUNTO COAS SÚAS TITORAS E MEMBROS DO EQUIPO DE BIBLIO, COMEZOU A PREPARAR UN ESCAPE ROOM PARA FORMAR AOS USUARIOS DA BIBLIOTECA.
A SEMANA PASADA ORGANIZAMOS AS VISITAS A BIBLIOTECA PARA DISFRUTAR DE DITA ACTIVIDADE E REMATAR A FORMACIÓN DE USUARIOS.
DEIXÁMOSVOS UN VIDEO RESUMO DA XORNADA.
luns, 18 de novembro de 2019
RETO LITERARIO 2
NO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, PROPÓÑOVOS UN NOVO RETO DA BIBLIO.ROSALÍA.
RETO 2: MULLERES CIENTÍFICAS GALEGAS
PODEDES BUSCAR INFORMACIÓN NA ZONA DE CONSULTA DA BIBLIOTECA OU NA EXPOSICIÓN QUE SE ATOPA NA ENTRADA DO COLEXIO.
domingo, 17 de novembro de 2019
luns, 4 de novembro de 2019
SAMAÍN NA BIBLIO.ROSALÍA
A SEMANA PASADA CELEBRAMOS NA BIBLIO.ROSALÍA A SEMANA DO SAMAÍN.
O LUNS E O MARTES TIVEMOS UNHAS SESIÓNS DE CONTACONTOS DE MEDO NO RECREO.
FOI O ALUMNADO DE 6° O ENCARGADO DE CONTARNOS AS HISTORIAS, O LUNS PARA OS NENOS E NENAS DE 1°,2° E 3°.
O MARTES PARA O ALUMNADO DE 4°,5° E 6°.
O MÉRCORES O ALUMNADO DE 5° ACHEGOUSE A BIBLIOTECA E LEVOU A CABO UNHA BUSQUEDA DO TESOURO MOI TERRORÍFICA.
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PREPAROU UNS MURAIS COA HISTORIA DO SAMAÍN MOI INTERESANTES.