Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

luns, 24 de febreiro de 2020

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Dende a biblio.rosalia conmemoramos o día de Rosalía de Castro organizando unha lectura en cadea e colectiva dos versos da poetisa galega.

Para elo o xoves 27 de febreiro, a volta do entroido, teremos na entrada do colexio un recuncho adicado a Rosalía de Castro onde a comunidade educativa pode ler os versos de Rosalía.



Ademais o xoves e o venres teremos unha búsqueda do tesouro organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


domingo, 23 de febreiro de 2020

AXENDA CULTURAL: FEBREIRO

COMEZAMOS A PUBLICAR A AXENDA CULTURAL DE ACTIVIDADES DA NOSA CONTORNA PARA QUE ESTEADES INFORMADOS E NON VOS PERDADES NADA:


NO CONCELLO DE PADRÓN:









EN OUTROS CONCELLOS QUE ESTÁN PRETO:








venres, 21 de febreiro de 2020

ENTROIDO NA BIBLIO.ROSALÍA

Para conmemorar a semana de entroido, preparamos, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un  stand con información e libros de entroido.






ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A EXPOSICIÓN E APRENDADES MOITO SOBRE O ENTROIDO EN GALICIA.

EN CANTO AS MANDAS DO MECO:
O LUNS:

O MARTES:

O MÉRCORES:

O XOVES:

E O VENRES:







venres, 14 de febreiro de 2020

PARTICIPACIÓN NO RETO LITERARIO DE ENTROIDO

FORON MOITAS AS FAMILIAS E ALUMNADO QUE PARTICIPOU NO RETO 3 DAS MANDAS DO MECO.



O MECO, AMIGO DE SIRIA, INDICARÁ QUE TEMOS QUE TRAER CADA DÍA DA SEMANA.

GRAZAS FAMILIAS POLA PARTICIPACIÓN E POLA AXUDA.

domingo, 9 de febreiro de 2020

RETO LITERARIO 3

COMO VEN SENDO HABITUAL NA BIBLIO.ROSALÍA, OS NOSOS RETOS LITERARIOS TEÑEN QUE VER CON DIFERENTES CONMEMORACIÓNS AS QUE NOS ACHEGAMOS.
NESTA OCASIÓN PEDÍMOS AOS NENOS, NENAS E FAMILIAS QUE NOS AXUDEDES A CREAR AS MANDAS DO MECO PARA A SEMANA DE ENTROIDO.



venres, 7 de febreiro de 2020

CELEBRANDO A PAZ

O xoves 30 de xaneiro celebramos  o Día da Paz no CEIP Rosalía de Castro.
Todos xuntos no ximnasio do colexio cantamos unha canción con lingua de signos e outra en inglés.

Ademais o presidente do clube antiviolencia e colaborador da biblioteca, Samuel París, compartiu connosco unhas palabras arredor da paz e a labor que desempeña dito clube no centro.
Logo renovouse a dirección do clube e animouse a todos os nenos e nenas a participar en dito clube.

Pero a celebración desta conmemoración comezou  uns días antes e dende a biblio.rosalia  apoiamos aos diferentes equipos do colexio aportando o noso graniño de area coa selección duns contos arredor da Paz.


Dado que o Proxecto documental Integrado do Centro, como sabedes, é arredor das árbores,
estudamos a figura da keniana Wanghari Muta Maathai, a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz pola súa contribución ao "desenvolvemento sostible, a democracia e a paz", fundando o Movemento Cinturón Verde.


Dita celebración aínda non rematou, xa que debemos recordar que a paz facémola todos os días cando axudamos, sorrimos, colaboramos, apoiamos, pensamos nos demais... E no noso cole seguimos vivindoa pintando entre todos un mural sobre Wanghari Maathai no patio do colexio.


Pronto vos ensinaremos a foto do mural rematado.