Dende a biblio.rosalia conmemoramos o día de Rosalía de Castro organizando unha lectura en cadea e colectiva dos versos da poetisa galega.
Para elo o xoves 27 de febreiro, a volta do entroido, teremos na entrada do colexio un recuncho adicado a Rosalía de Castro onde a comunidade educativa pode ler os versos de Rosalía.
Ademais o xoves e o venres teremos unha búsqueda do tesouro organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
O xoves 30 de xaneiro celebramos o Día da Pazno CEIP Rosalía de Castro.
Todos xuntos no ximnasio do colexio cantamos unha canción con lingua de signos e outra en inglés.
Ademais o presidente do clube antiviolencia e colaborador da biblioteca, Samuel París, compartiu connosco unhas palabras arredor da paz e a labor que desempeña dito clube no centro. Logo renovouse a dirección do clube e animouse a todos os nenos e nenas a participar en dito clube.
Pero a celebración desta conmemoración comezou uns días antes e dende a biblio.rosalia apoiamos aos diferentes equipos do colexio aportando o noso graniño de area coa selección duns contos arredor da Paz.
Dado que o Proxecto documental Integrado do Centro, como sabedes, é arredor das árbores,
estudamos a figura da kenianaWanghari Muta Maathai, a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz pola súa contribución ao "desenvolvemento sostible, a democracia e a paz", fundando o Movemento Cinturón Verde.
Dita celebración aínda non rematou, xa que debemos recordar que a paz facémola todos os días cando axudamos, sorrimos, colaboramos, apoiamos, pensamos nos demais... E no noso cole seguimos vivindoa pintando entre todos un mural sobre Wanghari Maathai no patio do colexio.