Púxose en marcha o "Plan director". Este plan consiste nunhas charlas informativas por parte da Garda Civil ao alumnado de 5º e 6º e as familias do colexio. Os temas, que se desenrolarán ao longo de 4 semanas son: " Novas tecnoloxías", "Alcohol e drogas", "Violencia de Xénero" e "Acoso escolar".
Na charla sobre as "Novas tecnoloxías", faláronnos do uso de internet, redes sociais e perigos:
Na charla de "Prevención drogas e alcohol" informáronnos dos problemas do uso de drogas e alcohol
Na charla de "Violencia de Xénero" deronnos unhas pautas de que é a violencia de xénero e como se pode facer para vivir en convivencia.
E na charla de "Acoso escolar" fixéronnos ver que é o acoso escolar e como previlo e axudar a que non se de no noso ambiente educativo.
Agora comezarán as charlas para as familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario