Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

xoves, 30 de abril de 2020

#euquedonacasa CONTADAS dende a casa

HOXE VOLVEN CONVERTERSE EN NARRADORES DE CONTOS ICÍA CARREIRA MARTÍN(4º E.I)E ENZO CARREIRA MARTÍN (1ºB E.P.), QUE XUNTO COA SÚA NAI LIDIA MARTÍN REGO, NOS TRAEN UN CONTO MOI DIVERTIDO E INESPERADO  PARA DISFRUTAR DENDE AS NOSAS CASAS NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS" dende a casa.





E AGORA UN POUCO DE MÚSICA DA MAN DE UXIA LAMBONA QUE NOS CANTA O "PARABENS PARA TI"



mércores, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA #euquedonacasa


HOXE DENDE A biblio.rosalía QUEREMOSVOS ANIMAR A TODOS E TODAS A QUE VOS MOVADES E BAILEDES.

NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS LIBROS, CDs E DVDs  QUE FALAN E NOS EXPLICAN DIFERENTES DANZAS.

DOUS DOS QUE MAIS NOS GUSTAN SON ESTES TRABALLOS DO GRUPO DE MÚSICA PESDELÁN, ONDE NOS MOSTRAN MÚSICA E BAILES GALEGOS, PORTUGUESES OU DOUTRAS PARTES DO MUNDO.


"NA PUNTA DO PÉ" 

"ENTROIDANZAS"

ESPERAMOS PODER ABRIR PRONTO A NOSA BIBLIOTECA PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DE TODO ESTE MATERIAL.

DEIXOVOS UNHA CANCIÓN DO GRUPO MUSICAL UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA QUE NOS ENSINA A BAILAR UNHA MUIÑEIRA:





martes, 28 de abril de 2020

#euquedonacasa LEOTOLDA

CHEGÁRONNOS ESTES DEBUXOS DE LEOTOLDA, DA ACTIVIDADE QUE VOS PROPUXEMOS ONTE ARREDOR DO CONTO. 





QUEDÁRONVOS CHULÍSIMAS!!!

GRAZAS A TODOS POLA VOSA APORTACIÓN.


luns, 27 de abril de 2020

#euquedonacasa CONTADAS DENDE A CASA

HOXE É A PROFE PAULA A ENCARGADA DE CONTARNOS O CONTO DE "LEOTOLDA" E CONVERTERSE EN NARRADORA NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS dende a casa" 
DA BIBLIO.ROSALÍA.





ADEMAIS ATOPEI ESTA CANCIÓN SOBRE O CONTO QUE SEGURO QUE VOS AXUDA A ATOPALA:


ANIMÁDEVOS A DEBUXAR A LEOTOLDA E PODEDES MANDAR OS VOSOS DEBUXOS AO CORREO DA BIBLIOTECA:
biblio.rosalia@gmail.com

sábado, 25 de abril de 2020

#euquedonacasa VÍDEO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

DENDE O CEIP ROSALÍA DE CASTRO QUEREMOS ANIMAR A TODOS OS NENOS E NENAS E AS SÚAS FAMILIAS E POR ISO CREAMOS ESTE VÍDEO.


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

venres, 24 de abril de 2020

#euquedonacasa ÚLTIMO DÍA DA SEMANA DO LIBRO

E A SEMANA DO LIBRO CHE AO SEU FIN.
HOXE QUEREMOS FACELO A TRAVÉS DE DIFERENTES XOGOS RELACIONADOS COS LIBROS:
-PODEDES DESCIFRAR ESTES SUDOKUS:

ESTES SUDOKUS FORON OBTIDOS DO BLOG:
https://calaixetderecursos.blogspot.com/ 
FACENDO CLIC NAS IMAXES ACCEDEDES A TODAS AS PLANTILLAS DO XOGO.




PERO RECORDADE
-NUNHA MESMA FILA NON PODE
 HABER IMAXES REPETIDAS
-NUNHA MESMA COLUMNA NON PODE
 HABER IMAXES REPETIDAS


-ESTAS SOPAS DE LETRAS:



 -XOGAR A ESTES XOGOS RELACIONADOS COS CONTOS CLÁSICOS:


-CON ESTE XOGO DE "A QUE SABE A LÚA?"

-A ESTE PASAPALABRA DE CONTOS TITULADO LIBRO SECRETO:
(AUTOR: aulainfantilsionlla)


-OU PODEDES ACHEGARVOS AO BLOG DA PROFE TETÉ QUE VOS PLANTEXA UN RETO MOI DIVERTIDO A REDOR DOS CONTOS.

HOXE QUEREMOS COMPARTIR CON VOS TODAS AS FOTOS QUE NOS FÓCHEDES ACHEGANDO DAS MISIÓNS PROPOSTAS ESTA SEMANA DO LIBRO:

1ª MISIÓN: MARCAPÁXINAS MONSTRUOSOS DE ORIGAMI.















2ª MISIÓN: FUNDA-FORRO PARA OS LIBROS.





3ª MISIÓN: MINILIBROS







E CRISTINA E VIOLETA TABOADA GARCÍA NOS MANDARON UNS VÍDEOS COAS SÚAS PROPOSTAS DE MINILIBROS RELACIONADOS CO PROXECTO ARBORETUM.




RECORDADE QUE AINDA ESTADES A TEMPO DE PARTICIPAR NA SEGUNDA PARTE DO RETO 5 DA BIBLIOTECA: ABRIL, MES DO LIBRO, ENVIÁNDONOS O VOSO DEBUXO DE QUE ESTADES FACENDO ESTES DÍAS NAS CASAS.

HOXE CHEGÁRONNOS FOTOS DE LIBROS PREFERIDOS DE TRES NEN@s DO COLE: CLAUDIA, KEILA E MAURO.




xoves, 23 de abril de 2020

#euquedonacasa DÍA DO LIBRO 2020

É chegou o gran día,  O DÍA DO LIBRO, e aínda que non estemos no cole gustaríanos celebralo con todos.



GRACIAS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES NO RETO 5 DA BIBLIO.ROSALÍA POR ENVIAR A FOTO CO SEU LIBRO PREFERIDO PARA PODER FACER ESTA MONTAXE:

"Music: www.bensound.com" 

Dende as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA agasállannos cunha mensaxe en forma de desexo, creada polo escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia  MANUEL GAGO :

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Deixovos o enlace ao díptico difundido para esta data pola Bibliotecas Escolares de Galicia.



Como o lema da biblio.rosalía para este día dende fai uns anos é:

"POLO DÍA DO LIBRO
LEVA UN CONTIGO"

Podedes coller algún libro deste andel para poder disfrutar del.


Dende Pintar-Pintar Editorial e en colaboración cos autores, poñen a nosa disposición un bo número de álbumes infantis ilustrados e libros (mentres dure a cuarentena) esperando que disfrutemos  coa sua lectura #yomequedoencasaleyendo


E aínda que hoxe é  O DÍA DO LIBRO, a semana do libro non remata aquí, mañá estade atentos a última misión da biblio.rosalía. 

mércores, 22 de abril de 2020

#euquedonacasa 3º DÍA DA SEMANA DO LIBRO


3º DÍA DA SEMANA DO  LIBRO PROPÓÑEMOSVOS A SEGUINTE MISIÓN: 

PODEDES CREAR O VOSO MINILIBRO COA TEMÁTICA QUE MAIS VOS GUSTE.

PODES ACHEGARTE A ESTA WEB (actiludis.com) ONDE HAI MOITOS MINILIBROS CLICANDO NAS IMÁXENES:




OU IMPRIMIR UN DESTES QUE VOS DEIXO, COLOREALO E MONTALO PARA TELO NA VOSA BIBLIOTECA.





TAMÉN DEIXO UN TITORIAL PARA SEGUIR A HORA DE MONTAR O VOSO MINILIBRO:



QUE VAIA BEN A MISIÓN!!!


AH!!!E RECORDADE QUE HOXE CONMEMORAMOS O 50 ANIVERSARIO DO DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA.

#DíaInternacionalDaTerra 

E PROPOÑÉMOSVOS UNS CONSELLOS PARA COIDAR O NOSO PLANETA:
1.RECICLAR♻️
2.AFORRAR ENERXÍA🔋
3.PLANTAR ÁRBORES🌲🌳🌴
4.COIDAR A AUGA💦

 NESTES DÍAS NA CASA🏡, DEBEMOS REFLEXIONAR SOBRE O NOSO ESTILO DE VIDA, COMPROMETÉNDONOS A  NON SEGUIR CONTAMINANDO A NAI TERRA.