Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

xoves, 23 de abril de 2020

#euquedonacasa DÍA DO LIBRO 2020

É chegou o gran día,  O DÍA DO LIBRO, e aínda que non estemos no cole gustaríanos celebralo con todos.



GRACIAS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES NO RETO 5 DA BIBLIO.ROSALÍA POR ENVIAR A FOTO CO SEU LIBRO PREFERIDO PARA PODER FACER ESTA MONTAXE:

"Music: www.bensound.com" 

Dende as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA agasállannos cunha mensaxe en forma de desexo, creada polo escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia  MANUEL GAGO :

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Deixovos o enlace ao díptico difundido para esta data pola Bibliotecas Escolares de Galicia.



Como o lema da biblio.rosalía para este día dende fai uns anos é:

"POLO DÍA DO LIBRO
LEVA UN CONTIGO"

Podedes coller algún libro deste andel para poder disfrutar del.


Dende Pintar-Pintar Editorial e en colaboración cos autores, poñen a nosa disposición un bo número de álbumes infantis ilustrados e libros (mentres dure a cuarentena) esperando que disfrutemos  coa sua lectura #yomequedoencasaleyendo


E aínda que hoxe é  O DÍA DO LIBRO, a semana do libro non remata aquí, mañá estade atentos a última misión da biblio.rosalía. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario