Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

sábado, 23 de abril de 2022

 DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR 2022

Ei!! ratiños e ratiñas, hoxe é un día moi importante, o noso día máis especial:

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR!!

Unha celebración para promover o disfrute dos libros e a lectura.
A data elixida pola UNESCO para esta efeméride e o 23 de abril, xa que coincide co pasamento de escritores moi relevantes a nivel mundial como William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. 
Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e autoras e fomenta o acceso a lectura ao maior número de persoas posible.
Ao defender os dereitos de autor tamén, foméntase a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento.

SHAKESPEARE, CERVANTES, INCA GARCILASO



EICHE CONTAR UN CONTO



LA CEBRA CAMILA

AQUÍ TES UN MARCAPAXINAS PARA DECORAR E MONTAR

.








sábado, 2 de abril de 2022

 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Aquí seguimos, ratiños e ratiñas, celebrando datas importantes:

O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

A celebración desta data pretende despertar o interese e amor polos libros e a lectura, en nenos e xovenes, e facer de esto un hábito de vida.

Escolleuse o 2 de abril para a conmemoración xa que é a data de nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés creador dalgúns dos contos clásicos máis lidos en todo o mundo, como: O PARRULO FEO, O SOLDADIÑO DE CHUMBO, A SIRENIÑA  ou PULGARCIÑA.



HANS CHRISTIAN ANDERSEN






venres, 1 de abril de 2022

 DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022 ADICADO A LAXEIRO


Qué tal de novo ratiños e ratiñas? Xa temos outra celebración á vista:

O DÍA DAS ARTES GALEGAS

O día 1 de abril, foi o elixido pola Real Academia Galega de Belas Artes para celebrar o Día das Artes Galegas, en memoria da mesma xornada do ano 1188, data constatada nos dinteis do Pórtico da Gloria coa que se certifica que a obra do Pórtico foi dirixida dende os seus cimentos polo Mestre Mateo.

Cada ano, esta efeméride adícase a un artista ou unha artista relevante do panorama galego.

  • Ano 2015: MAESTRO MATEO
  • Ano 2016ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
  • Ano 2017: MARUJA MALLO
  • Ano 2018: ALEJANDRO DE LA SOTA
  • Ano 2019: LUIS SEOANE
  • Anos 2020-2021: DOMINGO DE ANDRADE

  No 2022 o homenaxeado será Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como LAXEIRO, pintor galego pertencente ao grupo "Os Renovadores"dentro da vangarda artística galega.




PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS