DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR 2022
Ei!! ratiños e ratiñas, hoxe é un día moi importante, o noso día máis especial:
EICHE CONTAR UN CONTO
LA CEBRA CAMILA
DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR 2022
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Aquí seguimos, ratiños e ratiñas, celebrando datas importantes:
O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
A celebración desta data pretende despertar o interese e amor polos libros e a lectura, en nenos e xovenes, e facer de esto un hábito de vida.
Escolleuse o 2 de abril para a conmemoración xa que é a data de nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés creador dalgúns dos contos clásicos máis lidos en todo o mundo, como: O PARRULO FEO, O SOLDADIÑO DE CHUMBO, A SIRENIÑA ou PULGARCIÑA.
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022 ADICADO A LAXEIRO
Qué tal de novo ratiños e ratiñas? Xa temos outra celebración á vista:
O DÍA DAS ARTES GALEGAS
O día 1 de abril, foi o elixido pola Real Academia Galega de Belas Artes para celebrar o Día das Artes Galegas, en memoria da mesma xornada do ano 1188, data constatada nos dinteis do Pórtico da Gloria coa que se certifica que a obra do Pórtico foi dirixida dende os seus cimentos polo Mestre Mateo.
Cada ano, esta efeméride adícase a un artista ou unha artista relevante do panorama galego.
No 2022 o homenaxeado será Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como LAXEIRO, pintor galego pertencente ao grupo "Os Renovadores"dentro da vangarda artística galega.