Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

martes, 24 de maio de 2022

 FEIRA DO LIBRO


Ratiños e ratiñas, éxito absoluto da nosa FEIRA DO LIBRO 2022!!!!

Como última actividade dentro da conmemoración do día das Letras Galegas, organizamos unha feira do libro na nosa biblio, que foi un éxito rotundo de visitas e vendas.

Podedes ver nas fotos como rapaces, rapazas, profes e familias visitaron a feira e mercaron exemplares.

Noraboa polas vosas adquisicións e que desfrutedes das lecturas un montón!!!















A libreira regalounos tamén algúns exemplares para a nosa biblio.



martes, 17 de maio de 2022

 DIA  DAS  LETRAS  GALEGAS: 17 DE MAIO 2022


FLORECIO DELGADO GURRIARÁN


Qué tal ratiños e ratiñas? Hoxe tráiovos unha conmemoración moi, moi importante para as nosas letras, e o.....


DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!!

Con esta data tentamos dar visibilidade, apoiar e reivindicar a nosa lingua e o noso idioma, así como todos os usos e producións que se fan nel. 

Lembrade que fai tempo era un idioma prohibido, por iso son tan importantes os autores e autoras que seguiron a utilizalo, ocupándose da súa conservación, e divulgación, evitando o seu esquecemento e a súa perda.

Escolleuse a data do 17 de maio de 1963 para a conmemoración, xa que coincide co centenario da primeira edición do libro Cantares Gallegos, da nosa querida Rosalía Castro, e dende esa, celébrase anualmente.

Por isto, cada ano se adica este día a un autor ou autora de textos en galego, tanto narrativos, poéticos, ensaísticos ... este ano 2022, o homenaxeado e...


FLORENCIO  DELGADO  GURRIARÁN

Avogado e poeta galego, a súa obra esta recollida en libros como Bebedeira, Galicia infinda, Cantarenas, Poemas e O soño do guieiro.









CANTARENAS

No augaforte a taberna
Hai uns risoños cintilos:
os ollares de augardente
e a gaseosa do sorriso
da filla do taberneiro,
toda mel, toda feitizo


                                            BEBEDEIRA

                                       A rosiña está a chorar;

                                    o piñeiro está a carpir;
                                    a rosiña e mais o vento
                                    van lonxe, no seu fuxir

                                                                     PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS

xoves, 12 de maio de 2022

 PREPARANDO UN GRAN DÍA


Ratiños e ratiñas, xa estamos comezando con actividades para a celebración dun gran día para todos nós, o día das Letras Galegas.


Os compañeiros e compañeiras de 4ºB escribiron uns microrrelatos en galego chulísimos traballando coa nosa lingua.








Aquí podedes leer mellor estas fantásticas creacións;

: