DIA DAS LETRAS GALEGAS: 17 DE MAIO 2022
FLORECIO DELGADO GURRIARÁN
Qué tal ratiños e ratiñas? Hoxe tráiovos unha conmemoración moi, moi importante para as nosas letras, e o.....
DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Con esta data tentamos dar visibilidade, apoiar e reivindicar a nosa lingua e o noso idioma, así como todos os usos e producións que se fan nel.
Lembrade que fai tempo era un idioma prohibido, por iso son tan importantes os autores e autoras que seguiron a utilizalo, ocupándose da súa conservación, e divulgación, evitando o seu esquecemento e a súa perda.
Escolleuse a data do 17 de maio de 1963 para a conmemoración, xa que coincide co centenario da primeira edición do libro Cantares Gallegos, da nosa querida Rosalía Castro, e dende esa, celébrase anualmente.
Por isto, cada ano se adica este día a un autor ou autora de textos en galego, tanto narrativos, poéticos, ensaísticos ... este ano 2022, o homenaxeado e...
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Avogado e poeta galego, a súa obra esta recollida en libros como Bebedeira, Galicia infinda, Cantarenas, Poemas e O soño do guieiro.
CANTARENAS
No augaforte a taberna
Hai uns risoños cintilos:
os ollares de augardente
e a gaseosa do sorriso
da filla do taberneiro,
toda mel, toda feitizo
BEBEDEIRA
A rosiña está a chorar;
o piñeiro está a carpir; a rosiña e mais o vento van lonxe, no seu fuxir PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS