Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 18 de novembro de 2022

 DIA DA INFANCIA

Cómo vos vai ratiños e ratiñas? 

Hoxe a nosa biblio acolleu unha interesante charla para os alumnos e alumnas de primaria.

Xa que se celebra o domingo o Día Mundial da Infancia, Mariló, que é unha mamá de acollida veu a falarnos sobre a importancia de crecer no seo dunha familia e un fogar seguros.

Hai familias que por diversas razóns non poden proporcionar este clima de seguridade, afecto... e para iso están as familias de acollida que suplen esta función de xeito temporal.

Moitos de vos viñestes hoxe en pixama ao cole, pero non por despiste, senon para simbolizar o calor do fogar, e os momentos en familia como cando mamá e papá nos leen un conto antes de dormir, momento no que nos sentimos arroupados e protexidos.















Ningún comentario:

Publicar un comentario