Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 23 de febreiro de 2024

 POLOS CREATIVOS

O alumnado de sexto de educación primaria e de sexto de infantil traballan co material enviado pola Conselleria, incluído na formación e programa "POLOS CREATIVOS".

Este é un primeiro achegamento, agardando o envío de novos materiais e propostas.

O alumnado de infantil usou os materiais para a construcción de cohetes, relacionando este traballo de xeito globalizado co proxecto anual de Julio Verne e neste caso a súa novela "Da terra a lúa".













O alumnado de sexto de primaria, para conmemorar  o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA" coñeceu a 12 famosas astrónomas e astrofísicas, construíndo uns flexicubos nos que se pode ver o rostro de cada unha destas mulleres en cada cara do flexicubo.









 DÍA DE ROSALÍA 


Hoxe 23 de febreiro, conmemoramos o aniversario de Rosalía de Castro, escritora galega, máis concretamente padronesa, que da nome ao noso colexio.




Onte visitounos no cole xunto co seu amigo Julio Verne. Ambos nos contaron moitas cousas sobre eles, puidemos facerlle preguntas e felicitámola polo seu cumple.












Traballamos imaxes de Rosalia nas pantallas dixitais e decorámola en papel










xoves, 22 de febreiro de 2024

 SAÍDA AO AUDITORIO DE PADRÓN


O pasado mércores día 21, o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria, foi invitado polo Concello a unha representación teatral sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, levada a cabo no Auditorio Municipal.











O CARNAVAL NO ROSALÍA.


 O noso carnaval celebrouse o día 9 de febreiro no noso centro Rosalía de Castro,por condicións meteoroloxicas xa que nos encontrabamos en alerta laranxa por mor do vento. A temática foi de Julio Verne inspirado nas súas obras  máis famosas. O alumnado de 6º ía inspirado no libro "Cinco semanas en globo"; 1º,3º e 5º ían de "20000 leguas de viaxe submarino";os nenos e nenas de infantil ían de "Viaxe ao redor da lúa" e, por último, pero non menos importante, 4º ían de "A volta ao mundo en 80 días".























































































Tamén fixemos un traballo de relación do entroido coa temática do noso proxecto: Julio Verne