POLOS CREATIVOS
O alumnado de sexto de educación primaria e de sexto de infantil traballan co material enviado pola Conselleria, incluído na formación e programa "POLOS CREATIVOS".
Este é un primeiro achegamento, agardando o envío de novos materiais e propostas.
O alumnado de infantil usou os materiais para a construcción de cohetes, relacionando este traballo de xeito globalizado co proxecto anual de Julio Verne e neste caso a súa novela "Da terra a lúa".
O alumnado de sexto de primaria, para conmemorar o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA" coñeceu a 12 famosas astrónomas e astrofísicas, construíndo uns flexicubos nos que se pode ver o rostro de cada unha destas mulleres en cada cara do flexicubo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario