Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

mércores, 15 de maio de 2024

 DIA DA FAMILIA




O Día Internacional da Familia celébrase o 15 de maio de cada ano dende 1994.

Esta data foi proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas facéndose eco da importancia que a comunidade internacional outorga as familias.


É unha ocasión propicia para promover a concienciación e o mellor coñecemento dos procesos sociais, económicos e demográficos que afectan a este importante núcleo da sociedade.


Para este ano 2024 as Nacións Unidas propoñen o lema:"FAMILIAS E CAMBIO CLIMÁTICO", co obxectivo de crear conciencia sobre cómo  o cambio climático afecta as familias e o papel fundamental que as mesmas poden desempeñar na acción climática.

Por outra banda, segundo a Organización Mundial da Saúde(OMS) podemos definir "familia" como o conxunto de persoas que conviven baixo o mesmo teito, organizada en roles fixos(pai, nai, irmáns, etc.)con vínculos consanguíneos ou non, con un modo de existencia e conómico y social comúns, con sentimentos afectivos que os unen e aglutinan.


Os tipos de familias actuais son moi diferentes as familias de 50 anos atrás así como esas tamén o eran respecto as de 50 anos máis atrás.

A evolución do concepto e os tipos de familias variou progresivamente igual que o fixeron a sociedade e a cultura, dando lugar a unha diversidade moi celebrable.

Ademáis no cole Rosalía faremos fincapé na diversidade familiar que podemos atopar na nosa sociedade ( familias de acollida, familias monoparentais, biparentais, familias reconstituídas, homoparentais, etc.) e a importancia de recoñecer, aceptar e respetar calquera opción.


Expoñemos fondos e materiais que se poden atopar na nosa biblioteca para traballar esta efeméride.


Tamén ofertamos diferentes materiais para traballar dende as titorías.





Ningún comentario:

Publicar un comentario