Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

xoves, 7 de maio de 2026

 ESCRITURA COLABORATIVA EN 4º: HISTORIAS DISPARATADAS


Ola ratiños e ratiñas:

Nas aulas de 4º estiveron a traballar actividades que fomentan a escritura de xeito creativo, ameno e colaborativo.





Coa técnica "Map libs" combinada coa estructura "cadaver exquisito gramatical"o alumnado confeccionou unhas divertidas e extravagantes historias




No podcast podedes escoitar catro delas






martes, 28 de abril de 2026

DIA DO LIBRO 23 ABRIL 2026: ACTIVIDADES

 

     DIA DO LIBRO 23 ABRIL 

  ¡Ola familias!

Debido a circunstancias alleas a nosa biblioteca, este ano non puidemos aínda celebrar a nosa tradicional feira do libro, para fomentar a lectura e o uso dos libros.

Aínda así dende a biblioteca ofertamos varias actividades relacionadas con esta celebración.




 O alumnado de 5º de primaria quixo converterse nun auténtico equipo de recomendacións lectoras. Despois de pensar nos seus libros favoritos, prepararon unha seleción moi especial para compartir con toda a comunidade educativa.  Amosámosvos unhas fotos de todo o traballo realizado.




Dende infantil decoramos a rapazada lectora



Tamén estamos a completar un mural con fotos e debuxos da recreación de portadas dos nosos contos favoritos.










luns, 27 de abril de 2026

 LECTURA E FAMILIAS


Bo dia ratiños e ratiñas!:

Ocórresevos mellor maneira de rematar a semana do libro, que escoitando un contacontos?





Pero este contacontos é moi especial, porque como  na biblio do Rosalía sabemos que "as familias tamén contan"... convidámolas a compartir con nós relatos e historias.




Nesta ocasión tivemos a sorte de recibir a un pai de primeiro de primaria para leernos un conto precioso:


ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO




Moitas grazas por vir e esperamos que máis familias vos animedes a traernos fermosas historias xa coñecidas para recordar ou outras novas por coñecer.




xoves, 23 de abril de 2026

 DIA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2026


Ola ratiños e ratiñas!!

Hoxe é un dia de celebración na nosa biblio. Nin máis nin menos que o día do libro!!!, e aquí temos unha chea deles.

Por iso, este ano acordamos convidar aos compañeiros e compañeiras do CRA DODRO-PADRÓN, a pasar o dia todos xuntos no noso cole.

Comezamos a xornada cunhas actividades de presentación e acollemento.






A continuación desfrutamos de libros, contos e manualidades













E rematamos cunha merendola deliciosa.




Intercambiamos uns agasallos como recordo desta maravillosa data.






Encantados de coñecervos amigos e amigas do CRA!!!!





martes, 21 de abril de 2026

XOGOS DE MESA

 

               ¡Bo día!

             Na nosa biblioteca, seguimos apostando pola apredizaxe activa, colaborativa e divertida. Polo que, nesta ocasión,  os grupos de 6º de educación primaria, recibiron unha formación especial sobre xogos de mesa, cun obxetivo claro, converterse en guías e ensinar aos seus compañeiros de 5º de educación primaria. Para isto, os nenos e nenas aprenderon as diferentes dinámicas, normas e estratexias de distintos xogos de mesa, todos eles seleccionados polo seu valor educativo.

                Dita experiencia, ha resultado moi gratificante e enriquecedora para ambos cursos. Por un lado, os maiores han desenrolado habilidades comunicativas, de liderazgo e empatía; mentras os pequenos aprenderon e descubriron novos xogos.

             Os días de xogo, serán os martes e xoves no horario do patio. Decir, que dita actividade, levouse a cabo xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Esperamos que os nenos e nenas desfruten con estos novos xogos.