Páxinas

luns, 15 de xuño de 2026

DESPEDIDA

 DESPEDIDA


Bueno ratiños e ratiñas:

Un ano máis, as vosas mascotas favoritas, Leo e Páxina, pechan a biblioteca para iniciar o tempo de vacacións.

Esperamos que durante este curso visitarades moito a nosa biblio e desfrutárades con todas as propostas que de alí saíron.

Agardamos por vos no vindeiro curso xa que vos temos preparado un moreón de novas sorpresas.

Pasade un moi bo verán, descansade e collede forzas para setembro.


Despídense de vos: Leo e Páxina



Para rematar por aquí vos deixamos un vídeo de recomendacións para o verán, feito en colaboración coa biblioteca do CEIP Flavia, "Flavioteca".

ATA A VOLTA!!!!!



mércores, 10 de xuño de 2026

TEATRO

 Ola ratiños e ratiñas:

O alumnado de sexto de primaria animouse a facer un video para youtube no que recrearon as personaxes de Rosalia Castro e o seu marido Manuel Murguía.




Convidaron aos compañeiros e compañeiras do cole de Rianxo, para unha xornada de confraternización, lembrando que xa antes os nosos sextos acudiran a Rianxo para coñecer máis de preto a figura de Castelao.

Nesta ocasión guiaron aos convidados por un roteiro dende a Casa Museo de Rosalía Castro, pasando por lugares emblemáticos de Padrón relacionados con esta escritora.













Para rematar aquí está a curta na que dona Rosalía e don Manuel Murguía nos falan da súa vida e da situación da muller naqueles tempos.



xoves, 28 de maio de 2026

ACTIVIDADES NA BIBLIO

 EDUCACIÓN AMBIENTAL

Ola ratiños e ratiñas:

Onte tivemos a visita no cole da Brigada forestal antiincendios. Foi unha xornada adicada a coñecer de primeira man o traballo destes profesionais, a súa importancia como colectivo e como podemos contribuir a coidar dos montes, bosques e o noso medio natural



Os brigadistas organizaron diferentes estacións de aprendizaxe para coñecer a flora dos nosos montes, o seu coidado, as ferramentas que utilizan para traballar, os grupos especiais, o manexo das mangueiras e a motobomba...




A nosa biblioteca en concreto acolleu as charlas máis teóricas sobre a situación dos nosos montes e bosques




E tamén unha exposición de distinta flora dos montes da contorna, na que nos explicaron que tipo de árbores e plantas podemos recoñecer na nosa contorna e se é fácil que as consuma o lume ou son máis resistentes.




Por último agasalláronnos cuns contos no que os Bolechas nos explican o traballo dos brigadistas, e uns xogos de preguntas e respostas sobre todo o aprendido nesta xornada de educación ambiental.




mércores, 27 de maio de 2026

 DIA DAS LETRAS GALEGAS

17 MAIO 2026


Boas ratiños e ratiñas

Como todos os anos, celebramos o Día das Letras Galegas, coñecendo a figura a que está adicada esta xornada.


BEGOÑA CAAMAÑO

XORNALISTA, ESCRITORA, MESTRA E RECOÑECIDA FEMINISTA GALEGA.




Partillamos unhas recomendacións da súa obra para todas as idades









Ofertamos materiais para traballar esta efeméride nas aulas grazas ao SEMINARIO GALÁN que difunde o seu traballo, a OZOCO que sempre diseña carautas moi chulas e a PIDOPAPAS que nos ofrece pasatempos interesantes.



Os máis pequechos traballando con estes recursos.








A rapazada de cinco anos tamén coñeceu a Begoña a través de diferentes actividades de escrita, pintura e debuxo





E remataron recopilando unha listaxe de palabras en galego


Para finalmente escribilas en cintas e botalas a voar no patio.











O alumnado de primeiro fálanos de Begoña




venres, 22 de maio de 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS

 MOCHILAS VIAXEIRAS


Ei ratiños e ratiñas!!

Ao longo deste curso, dende a biblioteca preparamos unhas mochilas viaxeiras, con materiais e fondos, para que o alumnado puidera levalas a casa e desfrutar do seu contido.



Foron ofertadas para : segundo, cuarto e sexto.



A biblioteca proporcionou a estes cursos unhas mochilas con libros de narrativa, recetarios de cociña, manuais de manualidades, películas de dvd e unha carpeta e caderno para que o alumnado se exprese libremente sobre esta actividade.


Cada luns un alumno ou alumna leva a mochila e debe devolvela ao luns seguinte, para traspasarlla ao seguinte compañeiro ou compañeira.

Aquí podemos ver os resultados de diferentes actividades realizadas con estes materiais.

















Solicitamos tamén unha maleta viaxeira a Asesoría de bibliotecas escolares coa temática da banda deseñada e que está a disposición de todo o centro.



Os máis pequechos do cole tamén teñen as súas propias mochilas viaxeiras personalizadas, nas que cada fin de semana levan a casa un conto. Utilizan tanto os fondos da biblioteca do cole como os propios das súas bibliotecas de aula.