DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022 ADICADO A LAXEIRO
Qué tal de novo ratiños e ratiñas? Xa temos outra celebración á vista:
O DÍA DAS ARTES GALEGAS
O día 1 de abril, foi o elixido pola Real Academia Galega de Belas Artes para celebrar o Día das Artes Galegas, en memoria da mesma xornada do ano 1188, data constatada nos dinteis do Pórtico da Gloria coa que se certifica que a obra do Pórtico foi dirixida dende os seus cimentos polo Mestre Mateo.
Cada ano, esta efeméride adícase a un artista ou unha artista relevante do panorama galego.
- Ano 2015: MAESTRO MATEO
- Ano 2016: ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
- Ano 2017: MARUJA MALLO
- Ano 2018: ALEJANDRO DE LA SOTA
- Ano 2019: LUIS SEOANE
- Anos 2020-2021: DOMINGO DE ANDRADE
No 2022 o homenaxeado será Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como LAXEIRO, pintor galego pertencente ao grupo "Os Renovadores"dentro da vangarda artística galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario