Páxinas

xoves, 29 de xaneiro de 2026

CLUB DE AXEDREZ

 

                ¡Bo día!

                   Damos por comezado o club de axedrez na biblioteca, todos os nenos e nenas que estén interesados poden participar. Os martes, será o día no que o alumnado voluntario poderá participar en dita actividade. Esperamos que gozen moito con esta proposta. Amosámosvos, unhas fotos dos primeiros participantes.






luns, 26 de xaneiro de 2026

XOGOS OLIMPICOS

 


               ¡Bo comezo de trimestre a tod@s!

                        Para comezar, queremos amosarvos a actividade realizada durante estos días no centro sobre o proxecto dos Xogos Olímpicos. Coa proposta pretendíase que os nenos e nenas, aprenderan nova información sobre diferentes deportes, para iso, precisaban usar unha tablet e leer uns códigos QR. Ditos códigos amosaban diferentes contidos a través de videos explicativos ou textos cos que tiñan que relacionar que deporte estaban visualizando, e así finalmente, colocar debaixo de cada imaxe o seu nome. Foi unha actividade moi amena e entretida para o alumnado. Mostrámosvos, a continuación unhas imaxes.





















                                                        Esperamos que vos guste.