Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 1 de marzo de 2019

DIFERENTES ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA


A NOSA BIBLIOTECA É UN ESPAZO ACOLLEDOR QUE POLAS SÚAS DIMENSIÓNS PERMITE ARROPAR A UN MAIOR NÚMERO DE ALUMNADO. ADEMAIS  É UN ESPAZO DE  INVESTIGACIÓN, EXPERIMENTACIÓN  E FONTE DE COÑECEMENTO, VIVINDO  NELA, DURANTE ESTE MES, MOITAS CHARLAS E ACTIVIDADES DIVERSAS.

O VENRES 8 DE MARZO O ALUMNADO DE 5º E 6º PARTICIPOU NUNHA CHARLA SOBRE O COMERCIO XUSTO E AS VANTAXES DE CONSUMEIR PRODUCTOS LOCAIS (DE PROXIMIDADE). ACTIVIDADE ENMARCADA NO PROXECTO HORTO ECOLÓXICO NO QUE ESTÁ INMERSO O NOSO CENTRO.

O ALUMNADO DE 4ºB PARTICIPOU NUNHA BUSQUEDA DO TESOURO, ORGANIZADA POLA SÚA MESTRA XELA CASAS, PARA ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE O DISFRACE DO QUE IRÁN ESTE ANO NO ENTROIDO: OS CANTEIROS, RELACIONADO COAS PROFESIÓNS TRADICIONAIS DO CONCELLO DE PADRÓN E DE GALICIA, DENTRO DO PROXECTO INTEGRADO DO COLEXIO "EU COÑEXO PADRÓN, E TI?".

ESCOLLERON DITO DISFRAZ POR ATOPARSE NO NOSO CONCELLO MOITO PATRIMONIO EN PEDRA, ENTRE O QUE DESTACA O PEDRÓN (ARA ROMANA ONDE FOI AMARRADA A BARCA QUE TRASLADABA OS RESTOS DO APOSTOLO E QUE DA NOME A NOSA VILA)


O VENRES 15 DE FEBREIRO O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL, 5ºB DE EDUC. INFANTIL E 5ºB DE EDUC. PRIMARIA ASISTIRON A PONENCIA DUN COMPAÑEIRO DE 5º QUE LLES FIXO UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O QUE INVESTIGOU  DOS 12 TRABALLOS DE HÉRCULES. ADEMAIS  COMPARTIRÓN,  GRANDES E PEQUENOSO, QUE SABÍAN  DE MITOLOXÍA.


O VENRES 22 DITO ALUMNADO ACUDIU A BIBLIOTECA A ESCOITAR A UN DOUS SEUS COMPAÑEIROS QUE FIXO UNHA EXPOSICIÓN SOBRE OS MINERAIS.



O ALUMNADO DE 5° E 6° COA TEACHER FERNANDA FOI BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE O RETO DE ENTROIDO.





Ningún comentario:

Publicar un comentario