Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

venres, 1 de marzo de 2019

PONENCIAS DE ENTROIDO NA BIBLIO.ROSALÍA

Esta semana de Entroido foi moi especial na Biblio.Rosalía. Puidemos gozar dunhas ponencias nas que nos explicaron como se vive o entroido noutras partes do mundo e de Galicia.

O luns  visitáronnos membros da comparsa "Mázcaras da Xironda" que nos explicaron onde é A Xironda, unha aldea de Ourense no concello de Cualedro, e como se vive o seu entroido, cun traxe tradicional de mais de 100 anos "A Mázcara", recuperada fai 14 anos pola asociación de entroido da Xironda.




Ademais de facer a exposición na biblioteca, foron a correr o entroido polo patio. 





E despois do recreo visitaron educación infantil.








Tamén desfrutamos coa explicación do entroido en Louisiana polo auxiliar de conversa do cole Mitch. Falounos de como se festexa alí o "carnival", a música que soa, comida típica, cores...





O mércores foi o turno da profe Martina Esperante que nos explicou o entroido na comarca do Ulla, falándonos do traxe e o entroido dos Xenerais da Ulla.
Para elo contou coa axuda de Manolo (o bedel do cole) que se vestiu o traxe para que Martina nos puidera explicar todos os detalles.









Outro día  nos visitou a mamá dunhas nenas de 4° de Educ.  Primaria e de 6° de Educ. Infantil que é do Brasil, Eli Lima, que nos contou como se festexa alí o entroido.
O "Carnaval de Brasil" está cheo de cor, purpurina e baile (o baile típico é a "Samba").



E por último desfrutamos da explicación feita polo alumnado de 4°B e a súa mestra Xela Casas que nos contaron como se festexa o entroido noutra parte de Galicia, en Laza, contándonos como é o seu traxe tradicional chamado "Os Peliqueiros de Laza".
Trala explicación, invitaron os nenos asistentes a ponencia a colorear unha mascara de peliqueiro coa mascota da biblioteca: Siria.








Moitas Grazas a todos por facer esta semana de entroido tan especial na nosa biblioteca, permitindo aos nenos e nenas coñecer outros entroidos, algo que lles axudará a hora de participar no 3°Reto da biblio.rosalia.
Moitos nenos e nenas xa participaron:


 E os que ainda non o fixeron 

ANIMÁDEVOS!!!
Tendes ata o LUNS 11 de Marzo

Ningún comentario:

Publicar un comentario