Páxinas

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES

xoves, 30 de maio de 2024

 PROXECTO RIOS


O pasado venres a biblioteca acolleu unha actividade enmarcada dentro do Proxecto Ríos, destinada ao alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.


Unha científica de Augas de Galicia amosou a rapazada a importancia da auga nas nosas vidas e como coidar este ben tan necesario. 


Relacionado cos ríos tentou amosar e concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de respectar os cauces dos ríos, a utilidade das areas e das pedras que se atopan neles, e falou tamén das inundacións: as causas e consecuencias.

E todo isto a través dunhas actividades moi interesantes e divertidas.














venres, 17 de maio de 2024

 DIA DAS LETRAS GALEGAS




Un ano máis dende o cole Rosalía, conmemoramos o Día das Letras Galegas cunha chea de actividades sobre o noso idioma e a nosa cultura, e tamén coñecendo a figura homenaxeada este ano:


LUISA VILLALTA





Luisa Villalta Gómez (A Coruña 1957-2004)

Escritora, traductora e violinista galega. Foi docente de ensino secundario e cultivou varios xéneros: poesía, ensaio, narrativa e teatro. Destacou pola súa intensiva actividade cultural e por unha obra que combina a música e a palabra.


Os seus grandes éxitos son:

"Música reservada"




"En concreto"



Outras das súas obras son: "Silencio, ensaiamos", "O Don Hamlet de Cunqueiro, unha ecuación teatral, "Ruído", "As certezas de Ofelia", Papagaio".





Visitade a nosa biblioteca, non so para atopar máis información sobre esta autora senón tamén sobre outras e outros, na nosa lingua. 


A rapazada de Infantil aproveitou esta data para facer florecer a nosa lingua cun mural cheo de palabras galegas escritas en flores.










mércores, 15 de maio de 2024

 DIA DA FAMILIA




O Día Internacional da Familia celébrase o 15 de maio de cada ano dende 1994.

Esta data foi proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas facéndose eco da importancia que a comunidade internacional outorga as familias.


É unha ocasión propicia para promover a concienciación e o mellor coñecemento dos procesos sociais, económicos e demográficos que afectan a este importante núcleo da sociedade.


Para este ano 2024 as Nacións Unidas propoñen o lema:"FAMILIAS E CAMBIO CLIMÁTICO", co obxectivo de crear conciencia sobre cómo  o cambio climático afecta as familias e o papel fundamental que as mesmas poden desempeñar na acción climática.

Por outra banda, segundo a Organización Mundial da Saúde(OMS) podemos definir "familia" como o conxunto de persoas que conviven baixo o mesmo teito, organizada en roles fixos(pai, nai, irmáns, etc.)con vínculos consanguíneos ou non, con un modo de existencia e conómico y social comúns, con sentimentos afectivos que os unen e aglutinan.


Os tipos de familias actuais son moi diferentes as familias de 50 anos atrás así como esas tamén o eran respecto as de 50 anos máis atrás.

A evolución do concepto e os tipos de familias variou progresivamente igual que o fixeron a sociedade e a cultura, dando lugar a unha diversidade moi celebrable.

Ademáis no cole Rosalía faremos fincapé na diversidade familiar que podemos atopar na nosa sociedade ( familias de acollida, familias monoparentais, biparentais, familias reconstituídas, homoparentais, etc.) e a importancia de recoñecer, aceptar e respetar calquera opción.


Expoñemos fondos e materiais que se poden atopar na nosa biblioteca para traballar esta efeméride.


Tamén ofertamos diferentes materiais para traballar dende as titorías.





sábado, 11 de maio de 2024

 ACTIVIDADE DE ESCRITURA


Os cursos de 1º e 2º de primaria levaron a cabo un obradoiro de escritura en arxila, da man de Julio Verne que comparou a súa volta ao mundo cunha viaxe a través dos países e do tempo para descubrir e coñecer as primeiras escrituras das que ten constancia o ser humano, que apareceron na zona da antiga Mesopotamia.


A escritura en arxila está en Sumerio, idioma que emprega a chamada "escritura cuneiforme"pola forma de cuña que teñen os seus trazos.

Así tamén traballaron o paso do tempo, a historia, o presente,o pasado e o futuro.






























Tamén as aulas de terceiro e cuarto se interesaron por esta actividade e practicaron a escritura.