Páxinas

xoves, 19 de xuño de 2025

 DESPEDIDA DO CURSO


Bueno ratiños e ratiñas:

Rematamos aquí este curso 2024- 2025.

Dende a biblioteca esperamos que todo este tempo desfrutarades dos nosos fondos, do noso material informático, e das actividades que vos propuxemos dende setembro ata xuño.

Antes de despedirnos, queremos deixarvos por aquí unhas imaxes da última mesa de exposición de novidades moi fresquiñas para o verán e un cartel con recomandacións para desfrutar da lectura veraniega.










Nos, Leo e Páxina axiña comezaremos a traballar en novas ideas, retos e temas que propoñervos para que o vindeiro curso sexa igual de bo que este ou incluso mellor.




Pasade un moi bo verán, descansade moito e collede moitas forzas 

Vémonos en setembro...

FELIZ VERÁN!!!!

venres, 13 de xuño de 2025

 MOCHILAS VIAXEIRAS


Qué hai de novo ratiños e ratiñas?

A rapazada dos últimos cursos de cada ciclo: 2º, 4º e 6º, foi a encargada de ir rulando polas súas casas as mochilas viaxeiras que puxemos en marcha dende a biblioteca.


Ian cargadas de materiais interesantes non só para ler senón tamén para facer e experimentar.






Así quedaron uns cadernos de receitas, manualidades e experimentos super chulis. 









Están expostos na entrada do centro para que todos e todas poidades desfrutar deles.



Grazas a todas esta rapazada e as súas familias pola sua colaboración e implicación nesta actividade.

martes, 10 de xuño de 2025

 ANIVERSARIO DO COLEXIO: 50 ANOS


Qué tal ratiños e ratiñas?

Neste curso tócanos facer unha celebración moi especial: O cole Rosalia de Castro cumple...

50 ANOS!!!!!



Para celebralo organizamos e participamos nunha chea de actividades coas que recordar outros tempos, e deixar pegada destes nos que estamos:

Primeira comida de confraternización de antigos alumnos e mestres do cole. Colocación da primeira placa na zona de parking.







Participación na exposición da Camelia organizada polo Concello cunha composición lembrando o 50 aniversario.




Dende Polos Creativos agasallouse ao alumnado cun marcapáxinas de Rosalía e uns chaveiros que estarán finalizados en breve e listos para repartir.







A rapazada desfrutou nunha gran festa: participando nun concerto do fenomenal BRAIS DAS HORTAS





Xogando a xogos populares e saltando nas colchonetas







Merendando pastel de Aniversario.





O profesorado acudeu a un acto institucional, inaugurando unha placa conmemorativa por parte do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, acompañado polo alcalde de Padrón, inspectores de educación, antigos directores e directoras do centro e profesorado antigo e actual do mesmo.

Remataron a xornada cunha comida conxunta.











A compañeira mestra Teté del Río elaborou tamén un mural conmemorativo e alusivo a Rosalia, a que da nome ao colexio.



Dende a asignatura de música elaboraron unha canción a modo de himmo oficial.






No corredor da entrada instalouse unha exposición de materiais antigos que teñen que ver coa docencia.







Un dron realizou varias tomas aéreas do colexio actual para facer unha montaxe.


Fíxose unha fotografía conmemorativa coa primeira promoción de alumnado do Rosalía (adultos que agora teñen ao redor de 60 anos) e o alumnado máis novo que chegou este ano ao centro, os compañeiros e compañeiras de 4º de infantil que teñen tres anos de idade.






E remataremos  na graduación de sexto curso, agasallando ao alumnado cunha galleta decorada alusiva a esta efeméride.