Páxinas

martes, 18 de febreiro de 2025

 CHARLAS NA BIBLIO


Ola ratiños e ratiñas: deixámosvos por aquí unhas imaxes das charla ofrecidas pola Garda Civil ao alumnado do centro sobre temática de ciberseguridade e acoso escolar ou "bulling".

Enmarcadas dentro do Plan Director.












mércores, 12 de febreiro de 2025

 RECOÑECEMENTOS


Ratiños e ratiñas:

O alumnado participante na actividade de nadal "Elf on the shelf" (busca e atopa ao elfo Tilín seguindo as pistas na biblioteca), ven de recibir un diploma conmemorativo, xa que foron quen de atopalo.


Noraboa rapazada!!!














venres, 7 de febreiro de 2025

 CLUBE DE  LECTURA 

Hoxe a rapazada participante no clube de lectura, estivo traballando coa obra de Eloy Moreno: "Invisibles".

Tamen falaron sobre a película estreada recentemente.