Páxinas

mércores, 7 de decembro de 2022


 Ola ratiños e ratiñas: lembrades ao noso amigo Tilín?

Este curso volve a facer trasnadas polo cole e por si fora pouco, meteusenos na biblio!!!

  Queredes axudarnos a atopalo? SIIII? Pois atendede as instruccións:

  • Cando veñades co voso titor ou titora á biblio, poderedes ver o video conto para lembrar a historia de Tilín.
  • Atoparedes unha pista colgada na mesa de xestión.
  • Seguide a pista e.... a buscar a Tilín!!!
  • Cando o atopedes deixade apuntado o voso curso no cartel marcador.      
Moita sorte coa vosa búsqueda!!!! 



luns, 5 de decembro de 2022

 MÁIS ACTIVIDADES NA BIBLIO


Ratiños e ratiñas: 

Hoxe a biblio acolleu unha xornada de convivencia do alumnado de sexto curso cos institutos, onde xa lles foron contando cousiñas do que van a atopar para o vindeiro curso, cando rematen a primaria e comecen coa secundaria.