Páxinas

sábado, 18 de abril de 2026

COMPRENDER PARA ACOMPAÑAR(CHARLA INFORMATIVA)

 

                ¡Ola familias!

                   Esta semana tivemos a gran sorte de coñecer a pedagoga Paula Suárez, xa que veu ao centro a contarnos moitas cousas sobre o TDAH, TEA, DISLEXIA, ALTAS CAPACIDADES.... Nesta charla realizada na biblioteca do cenro, estiveron reunidos país e profesores cun fin común, coñecer ferramentas prácticas e claves para comprender mellor as necesidades de este alumnado, así como promover unha resposta educativa inclusiva e axustada a cada realidade.  O largo da charla, abordáronse temas fundamentais como a deteccion temperá , as características mais comúns e as estratéxias para acompañar tanto no ámbito educativo como no familiar.  Agradecemos a vosa participación e desexamos que disfrutarades con ela.








            

xoves, 16 de abril de 2026

CLUBE DE LECTURA

 

            ¡Bo día!

                     O noso "clube de lectura rosaliano" segue en marcha.

 Comezaron facendo unhas recomendacións lectoras de diferentes obras que leron e lles entusiasmaron e despois de outra xuntanza, decidiron desfrutar dunha nova lectura: Olympia (seguro que lles vai a encantar).

 Dende aquí queremos resaltar a importancia do clube de lectura, xa que ademais de ter en conta os beneficios que ofrece, este espazo é un punto de encontro para descubrir, imaxinar e crecer xuntos. Moitas grazas as nenas por seguir dando unha continuidade a esta actividade.





            Dende o Equipo de Polos Creativos, fixoselle un agasallo para todas as nenas do Clube de Lectura.


Cando o tempo axuda reúnense a falar de libros, no patio a sombra.


Agora queren rematar o curso lanzándose á creación e están a elaborar un guión para un corto do que xa vos iremos dando máis información.