Páxinas

mércores, 16 de decembro de 2015

Pere - El reno y la bondad

O último conto antes de Nadal tiña que ter temática desta época do ano tan festiva. Pere, a nai de Daniela Rey (1ºA) contounos un conto que fala da bondade, algo tan importante para poder convivir en paz cos demais.

Aquí tedes unha pequena mostra do que puideron ver os nenos que asistiron á biblioteca este último martes.




Miguel, un dos encargados da biblioteca, fíxolle entrega dun diploma e agradeceulle a doazón do libro á biblioteca. Grazas a Pere agora todos poderedes lelo sempre que queirades. 
 Pere, regalounos o libro para que o poidades ler sempre que queirades. Está agardando por vós na biblioteca do cole.

3 comentarios:

  1. Ola chic@s! Mima dame mais vergonza ver o vídeo que onte cando o contei! Moitisimas Grazas a todos pola boa acollida... sodes todos xeniais! Un bo equipo. Un forte abrazo e boas festas para todos!

    ResponderEliminar
  2. Boas! Grazas por deixar a miña mama ir contar un conto. DANIELA

    ResponderEliminar
  3. Dende o equipo de biblioteca estamos encatados de que tiveras participado. Unha forte aperta, moitas grazas e bo Nadal!

    ResponderEliminar