Esta semana celebramos o Día das Bibliotecas , que foi o 24 de outubro.
Como o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas este ano é Poéticas diversas, na biblioteca do CEIP Rosalía de Castro quixemos achegar a poesía ao noso alumnado cun recitado de poesía na hora do recreo, a cargo dun grupo de alumnos de 5º de Educación Primaria.
Ademais invitamos a todos os usuarios a decorar o seu mercapáxinas para levalo de agasallo decorado para a casa.
Grazas a todos pola participación.
Moitas grazas pola vosa aportación no Día das Bibliotecas Poéticas Diversas.
Tamés nesta semana os compañeiros de 4 anos B e de 2º A recitaron unhas poesías e adiviñas na biblioteca.
Estes son os videos que crearon:
Ningún comentario:
Publicar un comentario