O xoves 27 de febreiro conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro tal e como víñamos anunciando.
Comezouse a conmemoración nas primeiras horas da mañá, coa busqueda do tesouro rosaliano.
(Dita actividade tivo lugar tanto o xoves como o venres e estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega)
Na 4ª e 5ª hora, diferentes cursos achegáronse a entrada do colexio para compartir a lectura dalgúns poemas de Rosalía de Castro.
Este é un video resumo da lectura de poemas:
A canción co poema músicado de Rosalía que aparece no noso video collémola de youtube do grupo de música Evohe, deixamos a continuación o seu video orixinal:
O mural que decorou a entrada do colexio para o acto, foi creado pola clase de 3 anos.
PARABENS ROSALÍA DE CASTRO POLO TEU DÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario