HOXE 1 DE ABRIL DE 2020 CONMEMÓRASE
O DÍA DAS ARTES GALEGAS.
ESTE ANO A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICA ESTE DÍA AO AQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE
(DOMINGO ANTONIO DE ANDRADE
Cee, 1639 – Santiago de Compostela,1712),
PRINCIPAL PROMOTOR EN GALIZA DO TRÁNSITO AO BARROCO
E CONSIDERANDO UN ARQUITECTO GALEGO DE PROXECCIÓN UNIVERSAL.
DOMINGO DE ANDRADE ESTUDOU NA FACULTADE DE ARTES DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, A TORRE DO RELOXO DA CATEDRAL DE SANTIAGO, A BERENGUELA,ESTÁ CONSIDERADA A SÚA OBRA MESTRA.
Torre da Berenguela ou do Reloxo da Catedral de Santiago.
ADEMAIS REALIZOU ENTRE OUTRAS OBRAS: O PÓRTICO REAL DA QUINTANA, A ACTUAL CAPELA DO PILAR DENTRO DA CATEDRAL, A TRIPLA ESCALEIRA DE CARACOL DO CONVENTO DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL OU A CASA DA PARRA E A CASA DA CONGA NA PRAZA DA QUINTANA.
Tripla escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval.
SE FACEDES CLIK NA IMAXE VEREDES A NOTICIA NA TVG.
DEIXOVOS UNS MARCAPÁXINAS PARA COLOREAR, RECORTAR E CONMEMORAR DITA DATA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario