Páxinas

venres, 12 de xuño de 2020

#orosaliaficanacasa LECTURAS PARA O VERÁN

Aínda que dunha maneira un pouco diferente, estase achegando o fin do curso escolar 2019-2020.
Os libros, a música, o cine, os xogos,... son os mellores medios de transporte cara un mundo de imaxinación e fantasía, e os mellores instrumentos para seguir aprendendo e coñecendo o mundo que nos rodea, todo isto puidemos comprobalo nestes tempos de confinamento. 
Por iso, como noutras ocasións, dende a Biblio.Rosalía e a Flavioteca (biblioteca do CEIP Flavia), compartimos con toda a comunidade educativa as nosas recomendacións lectoras para que as usedes de guía nas vosas futuras compras e disfrutedes deste verán.

Poderedes consultar esta guía a partir do luns  na Biblioteca Pública e nas librerías do concello.
Moitas grazas pola vosa participación nas actividades, retos e propostas feitas dende a Biblio.Rosalía (durante todo o curso, antes e durante o confinamento)
Seguiremos propoñendo cousas no blogue da biblioteca durante o verán, polo que non esquezades seguir visitándonos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario