Páxinas

luns, 16 de novembro de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

OLA AMIGOS!

ESTAMOS NO MES DA CIENCIA EN GALEGO, E AINDA QUE ALGO TARDE, DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS CONMEMORAR ESTE MES TAN CIENTÍFICO.
PORQUE SÍ, O GALEGO SERVE PARA COMUNICAR INCLUSO NO ÁMBITO CIENTÍFICO.

 E COMO SABEDES HAI MOITOS E MOITAS CIENTÍFICAS E INVESTIGADORAS QUE EMPREGAN A LINGUA GALEGA, QUE LLO DIGAN AO BIÓLOGO ESPECIALIZADO EN NEUROCIENCIA,  XURXO MARIÑO ALONSO, ENCARGADO DE REDACTAR O MANIFESTO DA CELEBRACIÓN DESTE ANO: O feitizo da ciencia.

NA BIBLIOTECA TEMOS UN EXPOSITOR CON LIBROS DE CIENCIA EN GALEGO QUE OS TITORES PODEN CONSULTAR E LEVAR AS AULAS PARA TRABALLAR A CIENCIA.


DENTRO DE POUCO  PODEREDES CONSULTAR A  GUÍA COS LIBROS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA POR SE LLOS QUEREDES DEMANDAR AOS VOSOS TITORES PARA LEVAR AS AULAS NA BIBLIO.MÓBIL.

TAMÉN QUEREMOS ACHEGARVOS A SELECCIÓN DE TÍTULOS QUE FIXO A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, QUE SON PARA TODAS AS IDADES E PARECEN MOI INTERESANTES. ALGÚNS TÉMOLOS NA NOSA BIBLIOTECA E OUTROS CREMOS NECESARIO MERCALOS PROXIMAMENTE, PERO PODEDES VOTARLLE UN OLLO PARA ORIENTARNOS NA COMPRA.

OU PODEDES ACCEDER A ESTE FOLLETO ONDE NOS INFORMAN DE NUMEROSAS ACTIVIDADES DE CIENCIAS QUE SE ESTÁN A REALIZAR NAS BIBLIOTECAS DA NOSA CONTORNA.




Ningún comentario:

Publicar un comentario