DÍA DA POESÍA
Ola ratiños e ratiñas!!
Aquí estamos dende a biblio, traéndovos unha nova conmemoración:
O DÍA DA POESÍA
Esta efeméride celébrase o 21 de marzo a proposta da UNESCO co obxectivo de apoiar a diversidade linguística a través da expresión poética e fomentar a visibilización de aquelas que están en perigo.
É unha ocasión para homenaxear aos poetas e poetisas, promover a lectura, escritura e ensino da poesía e revivir as tradicións orais dos recitais de poesía.
Na nosa biblio poderedes atopar un montón de obras poéticas para ler e desfrutar. Expuxemos no corredor unha mostra dos nosos fondos poéticos. E lembrade que...
NIN UN DÍA SEN POESÍA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario