O vindeiro martes 25 de abril imos celebrar na Biblioteca do noso centro unha Feira do Libro. A organización da mesma
será a seguinte: durante toda a máñán, en horario lectivo os diferentes cursos
van pasando pola Biblioteca en orde. Os de Primaria poderán traer entre 3 e 5
euros para adquirir algún exemplar se así o desexan, pero o alumnado de Infantil non traerán cartos, visitarán a
feira e poderán adquirir libros pola tarde en compañía das súas familias. Polo
tanto a feira estará a vosa disposición, para as familias, en horario de 16:00 a 18:00.O acordo que temos para facer a feira é
con Quérote Edicións.
venres, 21 de abril de 2023
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario